close
Saltar ao contido

Paseo da Castellana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Paseo de la Castellana»)
Paseo da Castellana
Salamanca Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
   BERJAYA Paseo de la Castellana (es)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
BERJAYA Paseo de la Castellana (es) dende 1980 
BERJAYA Avenida del Generalísimo (es) dende 1939 ata 1980 Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
Características
 Conéctase con
Datas
 Fundación / creación
1834 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   6,3 km Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
VIAF235744584 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04gq6jx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX5341207
Wikidata C:Commons

O paseo da Castellana é unha das principais avenidas da cidade de Madrid (España), que percorre a cidade desde a praza de Colón, no centro, ata o Nó Norte.

O seu trazado inicial correspondía ao da antiga canle fluvial do arroio da Fuente Castellana (fonte que manaba algo máis ao norte da actual praza do Doutor Marañón), ata os chamados Nuevos Ministerios, onde se atopaba o antigo hipódromo de Madrid. Desde alí fíxose unha prolongación, proxectada en tempos da Primeira República, ata alcanzar case os límites do antigo pobo de Fuencarral, hoxe barrio de Madrid.

Xunto co paseo del Prado e o paseo de Recoletos, a Castellana forma un eixe viario fundamental que atravesa Madrid de norte a sur. Está prevista a súa prolongación cara ao norte por Fuencarral, dentro dun importante proxecto urbanístico coñecido como «Operación Chamartín».

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

Tralo seu arranque na praza de Colón, o Paseo ten en ambas marxes gran cantidade de edificios públicos, especialmente ministerios e embaixadas de diferentes países. Son edificios que datan de finais do século XIX ata mediados do século XX. Neste primeiro tramo, que é sinuoso e máis estreito que os subseguintes, atópanse as prazas de Emilio Castelar e do Doutor Marañón.

BERJAYA
Vista aérea

Tras pasar a praza do Doutor Marañón, atopamos o Museo de Ciencias Naturais e a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais na beirarrúa par, e trala seguinte praza, San Juan de la Cruz, atópanse os Nuevos Ministerios, complexo que agrupa varios edificios públicos.

Unha vez pasados os Nuevos Ministerios, comeza un tramo de avenida posterior ao resto, coñecido entre 1952 e 1981 como Avenida do Xeneralísimo, onde os edificios predominantes son tanto vivendas como oficinas. Neste tramo atópase o complexo financeiro de AZCA, o máis importante da cidade. Este tramo do paseo está interrompido por tres prazas: praza de Lima, praza de Cuzco e praza de Castilla.

Atopamos en torno á praza de Lima o Palacio Municipal de Exposicións e Congresos e o estadio Santiago Bernabéu. Ademais, este tramo inclúe dous grandes intercambiadores de transportes, praza de Castilla e Nuevos Ministerios.

Pasada a praza de Castilla, atópase o último tramo, con características propias dunha autoestrada urbana, posto que carece de cruces a nivel e semáforos na calzada central. No lado impar atópase o novo complexo Cuatro Torres Business Area, nos terreos da antiga cidade deportiva do Real Madrid.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]