O Parque Madrid Río é unha zona peonil e de recreo da cidade de Madrid, construída entre os anos 2006 a 2011 nas dúas marxes do río Manzanares, sobre o trazado soterrado da autoestrada M-30 desde o nó Sur ata o enlace coa A-5.
No 2016, o proxecto gañou o Premio Verónica Rudge Green da Universidade Harvard polo seu deseño e impacto social e cultural na transformación do río.[1]