close
Saltar ao contido

Arco da Vitoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arco da Vitoria
Moncloa-Aravaca Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
   BERJAYA Arco de la Victoria (es)   Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Encargado por
 Arquitecto/a
Datas
 Fundación / creación
1942 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Rúa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
Wikidata C:Commons

O Arco da Vitoria (en castelán: Arco de la Victoria), coñecido popularmente tamén como Porta da Moncloa, pola súa similitude coas portas de Alcalá e Toledo, ou como arco do Triunfo, é un arco de triunfo situado en Madrid, construído entre 1950 e 1956. Trátase dunha obra conmemorativa da vitoria do bando sublevado sobre o bando republicano na guerra civil.[1][2] Atópase nunha das entradas principais da capital de España, a da autovía do Noroeste, no centro da denominada avenida da Memoria do distrito de Moncloa-Aravaca.

Construíuse por indicación inicial da Comisión Permanente da Xunta da Cidade Universitaria.[3] O arco posúe unha altura total de 49 m. É obra dos arquitectos Modesto López Otero e Pascual Bravo Sanfeliú e os ornamentos que o rodean, dos escultores Moisés de Huerta (frisos alegóricos), algúns en colaboración co seu fillo Rafael Huerta,[4][5] Ramón Arregui (Cuadriga de Minerva) e José Ortells. O arco posúe unhas inscricións latinas que lembran a vitoria franquista, así como a construción da nova Cidade Universitaria tras a batalla que a destruíu.[6]

  1. Bonet Correa, Antonio (1981). Ediciones Cátedra, ed. Arte del franquismo. Gabriel Ureña (primeira ed.). Madrid: Volumen 13 de Cuadernos de arte. pp. 92. ISBN 8437602874.
  2. Jérez Riesco, José Luis (2006). Actas Editorial, ed. El Madrid de la falange (primeira ed.). p. 519.
  3. Acta del 26 de febrero de 1942 de la Comisión Permaenente de la Junta de la Ciudad Universitaria
  4. Irujo Martínez, Federico (2009). "Rafael Huerta Celaya. La escultura monumental, más allá del encierro". Pregón siglo XXI (33): 30. ISSN 1696-1161.
  5. "Rafael Huerta Celaya". www.esculturaurbana.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2010. Consultado o 16 de xullo de 2020.
  6. Castro Berrojo, Luis (2008). Los Libros de la Catarata, ed. Héroes y caídos: políticas de la memoria en la España contemporánea (primeira ed.). Madrid: Catarata. p. 148. ISBN 978-84-8319-347-1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernández Delgado, Javier et al. (1982). La memoria impuesta: Estudio y catálogo de los monumentos conmemorativos de Madrid (1939–1980) ISBN 84-500-5470-2