Labaien é un concello de Navarra,[1] na comarca de Malerreka, dentro do meiriñado de Pamplona. Ten dúas localidades: Beintza e Labaien. É por iso que moitas veces foi chamado Beintza-Labaien.
No ano 2023 contaba cunha poboación de 218 habitantes.