Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sada.
Sada (en castelán: Sada; en éuscaro: Zure) é un concello de Navarra, na comarca de Sangüesa, a 49,2km de Iruña. A súa poboación en 2014 era de 172 habitantes (INE). É un concello non vascófono.[1]
Sada fica situada na zona leste de Navarra, a un quilómetro da estrada NA-132 que une Estella con Sangüesa no km 65.
O clima é mediterráneo continental semihúmido con invernos fríos e veráns calorosos, cunha precipitación media de 500–600mm ao ano.
A terra cultivábel está moi repartida entre todos os veciños e o termo da localidade é pequeno (12,7km²). Os principais cultivos son a vide, cereal, oliveiros e pequenas hortas familiares.
Até primeiros do século XVIII nesta vila falábase éuscaro (a maior parte dos nomes dos termos agrícolas son en éuscaro na actualidade).
En 1908, debido á Sada galega, comezouse a chamar Sada de Sangüesa até que en 1980 por orde foral do Goberno de Navarra pasouse a chamar novamente Sada.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.