Asmara
| ኣስመራ (ti) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Eritrea | ||||
| Rexión | Maekel | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 963.000 (2020) | ||||
| Lingua oficial | lingua árabe lingua inglesa Lingua tigriña | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 12.158,1 km² | ||||
| Altitude | 2.325 m | ||||
| Creación | 1897 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 1 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
Asmara(/æsˈmɑːrə/) [1][2] (dita tamén no pasado Asmera) é a capital e o máximo centro industrial de Eritrea. É aínda a capital da Rexión Central. A súa poboación estimábase en 2006 que andaba sobre 578.000 habitantes, entanto a aglomeración metropolitana superaba o 1 000 000 de poboadores.
Está sita nun planalto de máis de 2.300 m de altitude, o que a converte na sexta capital máis alta do mundo por altitude e na segunda capital máis alta de África, e goza dun clima particularmente lene e saudábel (a temperatura media anual é de arredor de 17 °C). É sede universitaria.
A cidade está situada na punta dun escarpa que é tanto o límite noroeste das Terras Altas de Eritrea como o Gran Val do Rift na veciña Etiopía. En 2017, declararon a cidade Patrimonio da Humanidade pola UNESCO pola súa arquitectura modernista italiana ben conservada.[3][4] Segundo as tradicións locais, a cidade fundouse despois de que catro aldeas separadas se unificaran para convivir pacificamente tras longos períodos de conflito. Asmara existiu como un asentamento importante durante máis de medio milenio e gozou de certa importancia por estar situada na ruta comercial cara a Masawa. Asmara alcanzou a prominencia por primeira vez durante o século XX, cando se converteu na capital da Eritrea italiana.[5][6] Baixo o dominio italiano, a cidade de Asmara experimentou unha rápida urbanización e modernización, ata o punto de que se chamou Piccola Roma (Pequena Roma).
Historia
[editar | editar a fonte]Asmara xurdiu no século XII, da unión de catro aldeas. Orixinariamente habitaban na zona catro clans: os Gheza Gurtom, os Gheza Shelele, os Gheza Serenser e os Gheza Asmae. Animados polas súas familias, os xefes dos clans decidiron unirse para facer fronte aos bandidos que andaban pola zona. Despois de vencelos, a rexión foi denominada Arbaete Asmara, que na lingua tigriña significa: "os catro están unidos". Arbaete caeu en desuso e a cidade foi chamada simplemente Asmara.
Outra lenda narra que nesta zona a raíña de Saba deu a luz o fillo de Salomón, Menelik I.
A cidade foi colonizada por Italia en 1889, e foi capital da colonia de Eritrea en 1897. (Entre 1890 e 1897, a capital foi a cidade de Massaua). En 1887 os italianos, baixo a dirección do enxeñeiro E. Olivieri, construíron os primeiros treitos do ferrocarril que, partindo da cidade portuaria de Massaua, alcanzaba o forte militar de Saati. Posteriormente a vía alcanzou Asmara, en decembro de 1911, pasando tamén a través da cidade de Ghinda.

No ano 1930 o gobernador Jacopo Gasparini mudou o aspecto urbano da cidade coa construción de novas estruturas e edificacións, de estilo racionalista italiano, que fixeron que a cidade chegase a ser denominada a "Pequena Roma".
En 1936, tras a conquista de Etiopía polos italianos, a colonia de Eritrea unificouse con Etiopía e a Somalia italiana para formaren a África Oriental italiana (AOI).
A presenza colonial italiana e aínda hoxe moi visíbel, tanto no aspecto dos edificios, como no uso da lingua italiana en numerosos estabelecementos comerciais.
Na primavera de 1941, durante a segunda guerra mundial, a cidade foi ocupada, como o resto da Eritrea, polas tropas británicas, e quedou integrada no imperio de Etiopía de Haile Selassie I.
No ano 1991 a cidade foi liberada do dominio etíope (daquela Etiopía xa era unha República) polas tropas insurxentes de Eritrea e, en 1993, negociouse a súa independencia, pondo momentaneamente fin a cerca de 30 anos de guerra. Ese ano, Asmara pasou a ser a capital do novo Estado independente eritreo.
Patrimonio da Humanidade da UNESCO
[editar | editar a fonte]Asmara declarárona Patrimonio da Humanidade da UNESCO en xullo de 2017, converténdose na primeira cidade modernista de calquera lugar en ser declarada na súa totalidade.[7] A inscrición tivo lugar durante a 41ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial.
A cidade ten miles de edificios de arquitectura art déco, futurista, modernista e racionalista, construídos durante o período da Eritrea italiana.[8][9][10][11][12][13] A cidade, alcumada "La piccola Roma" ("Pequena Roma"), está situada a máis de 2.000 metros sobre o nivel do mar e foi un lugar ideal para a construción debido ao clima relativamente fresco. Os arquitectos empregaron unha combinación de materiais italianos e locais.
Algúns edificios notables inclúen o Edificio Fiat Tagliero, o Bar Zilli,[14] teatros de ópera, hoteis e cines, como o Cinema Impero.
Unha declaración da UNESCO dicía:
É un exemplo excepcional do urbanismo modernista temperán a principios do século XX e a súa aplicación nun contexto africano.20050
- Teatro da Opera, o teatro da ópera de Asmara.
- Un edificio da Universidade de Asmara.
- Vila Roma, embaixada de Italia.
- Hotel (Albergo) Italia, construído en 1889. O hotel é un dos hoteis máis antigos de Asmara
- A pensión africana.
- Interior da oficina de correos de Asmara.
- O Embasoira construído en 1919 (antigo hotel imperial), celebrou 100 anos en 2019.
- O restaurante Casa degli Italiani.
- A estación de tren de Asmara.
- Unha casa antiga no barrio europeo.
O Centro Histórico de Asmara incluíuse na Lista de Vixilancia dos 100 Sitios en Máis Ameaza de 2006 do Fondo Mundial de Monumentos. A inclusión foi deseñada para atraer máis atención á cidade para salvar o centro da decadencia e a reconstrución e para promover a restauración.
Tras o CARP (unha iniciativa do Banco Mundial sobre Patrimonio Cultural), a Delegación da Unión Europea en Asmara participou nun Proxecto de Patrimonio relacionado coa restauración de edificios e a xestión de arquivos. Lanzado en 2010, o Proxecto Cultural UE/Eritrea estaba previsto que rematase en 2014 (Pierre Couté - Edward Denison, Informe de Deseño do Proxecto, EUD Asmara 2009).
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Asmara (Eritrea)
- ↑ Mark Byrnes An African City's Unusual Preservation Legacy Arquivado 12 de marzo de 2012 en Wayback Machine. 8 de febreiro de 2012 Atlantic Cities
- ↑ "Eritrea capital Asmera makes World Heritage list". 8 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xullo de 2017.
- ↑ "Arbate Asmara: The origin of the city". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 14 de xaneiro de 2019.
- ↑ Pankhurst, Richard (1982). History Of Ethiopian Towns. Steiner. p. 73. ISBN 9783515032049.
- ↑ Wainwright, Oliver (8 de xullo de 2017). "The Italian architecture that shaped new world heritage site Asmara". The Guardian. Consultado o 9 de xullo de 2017.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Asmara: A Modernist African City". UNESCO World Heritage Centre.
- ↑ Commentary, Tom Gardner (11 de xullo de 2017). "Eritrea's picturesque capital is now a World Heritage site and could help bring it in from the cold". Quartz Africa.
- ↑ "Eritrea capital, Asmara, makes UNESCO World Heritage list | Africanews". Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2021. Consultado o 27 de abril de 2020.
- ↑ "Eritrea's capital added to UNESCO World Heritage site list | DW | 08.07.2017". DW.COM.
- ↑ "The modernist marvels of Eritrea". Apollo Magazine. 19 de novembro de 2019.
- ↑ "Exploring Eritrea's UNESCO certified Art-Deco wonderland". The Independent. 9 de novembro de 2017.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Asmara: A Modernist African City". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 16 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asmara |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Peter Volgger and Stefan Graf: "Architecture in Asmara. Colonial Origin and Postcolonial Experiences", DOM publishers, Berlin 2017,ISBN 978-3-86922-487-9
- Stefan Boness: "Asmara – Africa's Jewel of Modernity". Jovis Verlag, Berlin 2016, ISBN 978-3-86859-435-5 (photo book; German, English)
- Stefan Boness: "Asmara – The Frozen City". Jovis Verlag, Berlin 2006. 96 pages. ISBN 3-936314-61-6 (photo book; German, English)
- Edward Denison, Guang Yu Ren, Naigzy Gebremedhin, and Guang Yu Ren, Asmara: Africa's Secret Modernist City (2003) ISBN 1-85894-209-8
- Gianluca Rossi, Renzo Martinelli inviato de "La Nazione", 2009, ISBN 978-88-7255-356-5
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Asmara, Eritrea Documentary Film about the city by filmmaker Caterina Borelli
- History of Asmara
- Asmara inscription in UNESCO

