Sobrescobiu (en castelán: Sobrescobio) é un concello do Principado de Asturias. En 2006 tiña 1544 habitantes.
Limita ao norte con Piloña e Casu, ao leste con Casu, ao oeste con Llaviana e ao sur con Ayer. Atópase na zona montañosa suroriental da rexión, no curso do río Nalón.
Está formado polas parroquias de Llaíñes, Oviñana e Soto. A capital é Rusecu.