close
Saltar ao contido

Reino de Hungría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rei de Hungría»)
Reino de Hungría
 Nome orixinal
   BERJAYA Magyar Királyság (hu)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   BERJAYA Magyar Királyság (hu)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
   BERJAYA magyar (hu)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
 Texto lema
Regnum Mariae Patronae Hungariae Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Relixión
 Moeda
Implicados
 Xefe de estado
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1000 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1 de febreiro de 1946 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Substitúe
BERJAYA Grão-Principado da Hungria (pt) Traducir (895 - 1000)
BERJAYA República de Hungría (1919 - 1920) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
BERJAYA Budapest (1873 - )
BERJAYA Timișoara (1315 - 1323)
BERJAYA Esztergom (1001 - 1256)
BERJAYA Visegrád (1323 - 1408)
BERJAYA Bratislava (1526 (Gregoriano) - 1848)
BERJAYA Buda
BERJAYA Székesfehérvár (1000 - 1543) Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/03l5m1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O reino de Hungría fundouse coa coroación de Estevo I de Hungría, no ano 1000. O seu nome orixinario era Vajk e descendía das tribos maxiares. O seu pai Géza fundou unha dinastía monárquica seguindo o exemplo das de Europa occidental. O reino estableceuse na rexión de Pannonia, antiga provincia romana invadida polos maxiares.

Estevo rematou en 1006 a pacificación do territorio e forzou a cristianización e feudalización do novo estado. Incorporou pequenos reinos, como Croacia e os territorios de Eslovaquia oriental.

No 1242 este pequeno pero puxante reino sufriu a invasión dos mongois. Baixo Béla IV de Hungría, a despoboación e pauperización do territorio era un feito. Por isto, e trala retirada dos invasores asiáticos, mandou construír unha liña de defensa consistente en fortalezas e prazas fortes, o que provocou o endebedamento do rei e a preponderancia das maiores casas nobres.

Unión co sacro imperio

[editar | editar a fonte]

A partir do século XIV, os reis foron febles para aplacar ós nobres e o reino tivo non poucos problemas para facer fronte ó Imperio Otomán. O segundo rei húngaro da cas anxevina (de Anjou) foi Lois I de Hungría (1342-1382) cuxo territorio abranguía dende o mar Negro ata o mar Adriático. A filla de Lois casa con Sexismundo, entroncando a casa real húngara coa do Sacro Imperio Romano Xermánico na dinastía luxemburguesa.

O derradeiro gran rei húngaro da Idade media foi Matías Corvinus, quen descendera dunha familia nobre. Estendeu as fronteiras ó sur contra os otománs e ó noroeste contra o imperio xermánico. Durante o renacemento o reino sofre certas revoltas por parte de nobres descontentos e de campesiños, ata que en 1521 Nándorfehérvár (Belgrado) cae en mans turcas, e o exército húngaro é vencido na batalla de Mohács.

Dominación turca

[editar | editar a fonte]

En 1556 remata a expansión turca en Hungría e o que queda do reino, en mans da dinastía Habsburgo, divídese. Transilvania pasa a ser un estado vasalo do Imperio Otomán. Burgenland, Eslovaquia e Transdanubia pasan a ser posesións dos Habsburgo baixo o nome de Hungría Real. O título de rei de Hungría sería un mero formalismo nos emperadores alemáns, xa que a principal parte do reino caera en mans turcas. A poboación buscou a protección do Sultán de Istanbul, quen non se meteu nos asuntos internos da poboación que ficou calvinista na maioría dos casos.

Dominación austríaca

[editar | editar a fonte]

En 1686 os austríacos conquistan Buda e en 1718 o reino de Hungría recupera a súa independencia polo tratado de Karlowitz, a capital en entón é Bratislava (hoxe capital de Eslovaquia). O século XVIII caracterizouse pola repoboación das terras devastadas e a inmigración de serbios, alemáns e austríacos.

Revolución

[editar | editar a fonte]

En 1848 estala unha revolución de corte nacionalista contra o dominio austríaco, pero carece de éxito por mor das propias correntes nacionalistas revolucionarias dos pobos do reino (alemáns, serbios, croatas; por aquel tempo as cidades de Buda e Pest eran de fala alemá). En abril de 1849, Hungría declara a independencia e o emperador Francisco Xosé pide axuda ó tsar Nicolao I de Rusia e os exércitos rusos invaden o país. Ata 1867 o país queda baixo control austríaco en "resistencia pasiva". Para calma-lo nacionalismo húngaro e por mor de problemas similares noutras partes do imperio, o emperador chega a un acordo coa nobreza liderada por Ferenc Deák, chegando ó Compromiso de 1867 que é o Ausgleich.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]