close
Saltar ao contido

Imperio Austrohúngaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imperio Austrohúngaro
 Nome orixinal
BERJAYA Österreich-Ungarn (de)  
BERJAYA Osztrák-Magyar Monarchia (hu)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
BERJAYA Österreich-Ungarn (de)  
BERJAYA Osztrák-Magyar Monarchia (hu)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
BERJAYA osztrák–magyar (hu)  
BERJAYA австроунгарски (mk)  
BERJAYA аустроугарска (sr)  
BERJAYA аустроугарски (sr)  
BERJAYA austrohúngara (es)  
BERJAYA австроунгарска (mk)  
BERJAYA утриш-маҷор (tg)  
BERJAYA австроунгарско (mk)  
BERJAYA austro-úngaru (ext)  
BERJAYA утриш-маҷориҳо (tg)  
BERJAYA austro-úngara (ext)  
BERJAYA austrohúngaro (es)  
BERJAYA austro-ungarici (it)  
BERJAYA austro-ungarica (it)  
BERJAYA austro-ungarico (it)  
BERJAYA österreichisch-ungarisch (de)  
BERJAYA austro-ungariche (it)  
BERJAYA অস্ট্রো-হাঙ্গেরীয় (bn)  
BERJAYA austro-ungarico (it)  
BERJAYA австро-венгр (ru)  
BERJAYA austro-ungarica (it)  
BERJAYA Austro-Hungarian (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
 Parte de
 Composto por
 Texto lema
Indivisibiliter ac Inseparabiliter Editar o valor en Wikidata
 Himno
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Forma de goberno
 Economía
 Moeda
Implicados
 Órgano lexislativo
 Membro de
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
1 de marzo de 1867 Compromiso austrohúngaro Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
25 de novembro de 1918 Voivodina
29 de outubro de 1918 Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios
28 de outubro de 1918 Checoslovaquia
11 de novembro de 1918 Armisticio de Compiègne de 1918 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
BERJAYA Imperio Austríaco (1804 - 1867) Editar o valor en Wikidata
 Substitúe
BERJAYA Imperio Austríaco (1804 - 1867)
BERJAYA Hungria Real (pt) Traducir (1526 - 1867) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
BERJAYA Austria Alemá (1918 - 1919)
BERJAYA Reino de Romanía (1881 - 1947)
BERJAYA Checoslovaquia (1918 - 1992)
BERJAYA Segunda República Polaca (1918 - 1939)
BERJAYA Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios (1918 - 1918)
BERJAYA Reino de Hungría (1920 - 1946)
BERJAYA Primeira República de Checoslovaquia (1918 - 1938)
Lajtabánság (en) Traducir (1921 - 1921) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Continente
 Capital
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
39.386.934 (1885)
51.356.465 (1910)
52.800.000 (1914) estimación Editar o valor en Wikidata
 Superficie
676.615 km²
622.269,55 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF2413157416853816710008 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000118455087 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/012m_ Editar o valor en Wikidata
MeSHD057235 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Imperio Austrohúngaro[1][2], Austro-húngaro[3] ou Austria-Hungría[4] (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso austrohúngaro que recoñecía o Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partir dese intre, austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52 799 000 habitantes.

O que fora o Imperio Austrohúngaro repártese na actualidade en trece estados europeos: Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).

BERJAYA
Escudo do Imperio en 1867

O Imperio Austrohúngaro ten a súa orixe en 1867 co Compromiso austrohúngaro. En 1879 tivo lugar a alianza de Austria-Hungría co Imperio Alemán, e en 1882 Italia uniuse á Tripla Alianza.

En 1892 entrou en circulación a coroa de ouro. En 1907 entra en vigor o sufraxio masculino para todo home maior de 24 anos, e nese ano tiveron lugar as primeiras eleccións en Austria e renovouse o compromiso entre Austria e Hungría. En 1908 levouse a cabo a anexión de Bosnia e Hercegovina. En 1912 Serbia e Bulgaria formaron unha alianza contra o Imperio Austrohúngaro.

O 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando e a súa esposa Sofía Chotek foron asasinados en Saraxevo por un terrorista serbobosníaco. A declaración de guerra de Austria-Hungría a Serbia provoca declaracións de guerra en cadea, dando inicio á primeira guerra mundial. En 1915 o Imperio Austrohúngaro declarouse disposto a ceder a rexión de Trieste. Asínase o Tratado de Londres, secreto entre o Reino Unido, Francia, Rusia e Italia: Italia cambia de bando obtendo Trieste como incentivo.

O 21 de novembro de 1916, en plena guerra, finou o emperador Francisco Xosé I, após 68 anos de reinado. O novo emperador, Carlos I, procurou en 1917 conseguir a paz por separado con Francia, sen resultado.

En 1918 Carlos enviou a Guillerme II de Alemaña un telegrama anunciándolle o fin da alianza. O 28 de outubro dese ano proclamouse a república de Checoslovaquia, e o 31 dese mes tivo lugar a secesión de Hungría. O 3 de novembro levouse a cabo o armisticio entre o Imperio Austrohúngaro e os aliados. O 7 de novembro proclamouse a república de Polonia (que se adxudicou a rexión austríaca de Galitzia), e o 16 de novembro proclamouse a república de Hungría. O 1 de decembro as rexións do sur do Imperio uníronse a Serbia e Montenegro, formando o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. O 24 de decembro tivo lugar a unificación de Transilvania e Romanía.

O Imperio Austrohúngaro desapareceu por completo en 1919 tralos tratados de Saint-Germain e Trianon.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Austrohúngaro.
  2. Gran Dicionario Xerais da Lingua (Xerais, 2009) e Superdicionario Castelán-Galego (Morgante, 2011).
  3. Dicionario Normativo Galego-Castelán, Editorial Galaxia (1998)
  4. Entrada para austrohúngaro Arquivado 15 de setembro de 2018 en Wayback Machine. en DiGalego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]