Cuenca, cunha economía algo deprimida debido principalmente á emigración continuada, parece renacer agora co turismo e o progresivo coñecemento das súas excelentes paisaxes e recursos. A economía estivo tradicionalmente centrada nas actividades agrarias e forestais: cereais, vide, oliveira, azafrán, allos, garavanzos, lentellas, cultivo de fungos (Villanueva de la Jara, Altarejos, Las Pedroñeras, Los Hinojosos, Mota del Cuervo, Poboa de Almenara). A industria céntrase sobre todo no sector derivado da riqueza forestal conquense: serradoiros (Conca, Almodóvar del Pinar) e resinas (Conca, Arcos de la Sierra). Os seus mananciais de augas minerais de gran calidade, principalmente ao norte da provincia, dan lugar a unha industria embotelladora de importancia crecente (por exemplo, as augas de Beteta e de Huerta del Marquesado). Ten no seu territorio os encoros de Buendía, La Toba, Alarcón e Contreras que hoxe día están nunha situación moi deficitaria.
Os seus produtos máis característicos son os derivados cárnicos, sobremesas como o alajú, bebidas como o resolí, o viño e a augardente de Ribatajada, o queixo, o allo morado de Las Pedroñeras, os cogomelos e o champiñón da Manchuela e o mel da Alcarria.