Polykarp Kusch
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de xaneiro de 1911 Blankenburg |
| Morte | 20 de marzo de 1993 Dallas |
| Educación | University of Illinois Chicago Universidade de Illinois en Urbana-Champaign Case Western Reserve University (pt) |
| Director de tese | Francis Wheeler Loomis (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Física |
| Ocupación | físico, profesor universitario |
| Empregador | Universidade Columbia University of Texas at Dallas (en) |
| Membro de | |
| Interesado en | Física |
| Alumnos | Gordon Gould |
| Obra | |
| Doutorando | Eugene Commins (pt) |
| Arquivos en | |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Куш Поликарп) Fiziki, (p.128) |
Polykarp Kusch, nado en Blankenburg o 26 de xaneiro de 1911 e finado en Dallas (Texas) o 20 de marzo de 1993, foi un físico e profesor universitario estadounidense de orixe alemá, galardoado no ano 1955 co Premio Nobel de Física.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade alemá de Blankenburg, trasladándose o ano seguinte con toda a súa familia aos Estados Unidos. En 1931 licenciouse en física no Case Institute of Technology de Cleveland, conseguindo o seu doutoramento en 1936 pola Universidade de Illinois.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Profesor da Universidade de Columbia na cidade de Nova York no ano 1949, xunto con Isidor Isaac Rabi estudou os efectos dos campos magnéticos en átomos, e traballou varios anos como cabeza académica antes de partir cara á Universidade de Texas, na cidade de Dallas onde se retirou en 1982.
En 1955 foi galardoado co Premio Nobel de Física xunto con Willis Eugene Lamb por demostrar que o momento magnético do electrón era maior que o seu valor teórico, provocando a reconsideración e a innovación na electrodinámica cuántica.
