No Estado do Panxab viven uns 30 millóns de persoas, convivindo persoas de diversas relixións. A súa capital é Chandigarh. Coñécese principalmente como a terra dos deuses/gurús.[Cómpre referencia] Abarca unha superficie de 50.362 km². Na xeografía tradicional india cae baixo a zona norte da India. O Estado indio do Panxab componse de 22 distritos.
O nome Panxab está vinculado ao termo en lingua panxabí para "cinco augas". A palabra deriva de "cinco" (en panxabí Panj/Punj) e da palabra para "río/auga" (en panxabí ab). Orixinalmente, o Panxab indio contiña cinco ríos antes da partición.
Doab, ás veces escrito Duoab,Douaab ou Doaab é unha combinación das palabras indoiranísdoab (dous/dúas) e āb (auga), e polo tanto significa (terra dos) dous ríos.[4] O termo "Doab" na India refírese a unha rexión de terra que está situada entre dous ríos confluentes. Os doabs están nomeados en función dos ríos que delimitan cada un deles. Por exemplo:
Bari Doab: entre os ríos Beas e Ravi.
Rechna Doab: entre os ríos Ravi e Chenab.
Jech Doab: entre os ríos Jhelum e Chenab.
Sindh Sagar Doab: entre os ríos Indus e Jhelum.
Bist Doab: tamén coñecido como Doaba, entre os ríos Beas e Sutlej.
Ás veces, en inglés, pode haber un artigo definido antes do nome, é dicir, The Doaba.[5]
Estas rexións son especialmente relevantes para a agricultura debido ao solo fértil e á abundancia de auga, o que as fai idóneas para a agricultura intensiva.
Os actuais Estados nación da India e Paquistán, no seu conxunto, estiveron unha vez baixo o dominio do Imperio Británico. Durante este período, as poboacións indias ansiaban a independencia, aínda que existían profundas divisións entre hindús, sikhs e musulmáns. Debido a estas tensións e en busca dunha solución pacífica para garantir a gobernanza, propúxose a partición do subcontinente indio.
En 1947, como parte dos acordos de independencia da India británica, o Panxab, unha provincia no noroeste, foi dividido en dúas rexións: o Panxab Occidental, que pasou a formar parte do novo Estado de Paquistán, e o Panxab Oriental, que se integraría na acabada de constituír República da India.[6] Esta división foi motivada en gran parte polo movemento activo a favor da independencia, como o movemento Khalistan, que é unha demanda política dalgúns nacionalistas sikhs para crear un estado nacional sikh no Panxab.[7][8]
A partición do Panxab foi unha das máis traumáticas para as comunidades implicadas, con grandes movementos de poboacións e significativos conflitos sociais e relixiosos como consecuencia.[9][10]