Moratalaz[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no sueste da cidade.
Limita polo norte co distrito de Ciudad Lineal, polo leste co distrito de Vicálvaro, polo sur con distrito de Puente de Vallecas, polo oeste co distrito de Retiro. Ten unha superficie de 6,34km² e 92.814 habitantes no ano 2023.[2] En 1971 coa reorganización da división administrativa dos distritos, incluíronse ao distrito de Moratalaz xunto cos outros 17 distritos que lle dividiron.[3]
Desgajado do antigo distrito de Moratalaz - Vicálvaro na reestruturación de 1987.
A área de Moratalaz, que antes constituía unha soa propiedade, a dehesa do mesmo nome desenvolveuse de maneira programada unitariamente por unha soa empresa promotora, dando orixe a unha cidade dormitorio, xerada a saltos que van deixando espazos baleiros entre ela e Vicálvaro, para ser enchidos posteriormente con vivendas de maior nivel cada vez.[4]