Košice (sk) dende 1945 Kassa (hu) dende 1938ata 1944 Košice (sk) dende 1918ata 1938 Kassa (hu) dende 1867ata 1918 Kaschau (de) dende 1804ata 1867 Kassa (hu) ata 1804
Košice (Kaschau en alemán, Kassa en húngaro e Cassovia en Latín) é unha cidade de 235.000 habitantes, situada no leste de Eslovaquia, a rentes do río Hornád. O 89.1% da poboación é de nacionalidade eslovaca, 3.8% húngara, 2.1% cíngara e 1.2% checa. O 58.3% católicos romanos, 7.6% grecocatólicos e 4.1% evanxélicos.
En 1918 Košice pasou a formar parte da primeira república checoslovaca, e pese a decadencia económica derivada da ocupación húngara de 1938 a 1945, a cidade declarouse capital temporal de Checoslovaquia durante a fase final da Segunda Guerra Mundial cando pasou a control soviético, mantivo este status por un curto período de tempo, ata que o Exército Vermello chegou a Praga. A partir do 1950 o crecemento económico acelerouse debido á incorporación da cidade na rede do leste eslovaco de fábricas de aceiro East Slovakian Steelworks (VSŽ). No espazo dunha xeración a poboación multiplicouse por cinco e a área destinada a vivendas por vinte. [1]
Hoxe en día segue a percibir crecemento económico coa chegada de provedores da automoción como Magna International ou Magneti Marelli, deslocalizados do oeste europeo.