Jena é unha cidade do centro-leste de Alemaña, no Land de Turinxia, situada no val do río Saale e rodeada de montañas calcarias e bosques. Está a 250 km do sur de Berlín, 370 km ao noroeste de Múnic e a 20 km ao leste de Weimar.
Ao redor de 1800 Jena converteuse, xunto con Weimar, no centro cultural de Alemaña. Nesta época nacen en Jena o Romanticismo Universal, o Idealismo Alemán e gran parte da literatura contemporánea alemá.