Espazo topolóxico
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde agosto de 2016.) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |

O exemplo inferior esquerdo non é unha topoloxía, pois a unión {2} e {3}, igual a {2,3}, non é parte da colección.
O exemplo inferior dereito tampouco é unha topoloxía porque a intersección de {1,2} e {2,3}, igual a {2}, non é parte da colección.
Un espazo topolóxico é unha estrutura matemática que permite a definición formal de conceptos como converxencia, conectividade e continuidade. A rama das matemáticas que estuda os espazos topolóxicos é a topoloxía.
Definición
[editar | editar a fonte]Un espazo topolóxico é un conxunto E de elementos, que xunto con T, unha colección de subconxuntos de E, chamados abertos de E, satisfán as seguintes propiedades:
1. O conxunto baleiro e E están en T.
2. A intersección de calquera colección finita de conxuntos de T está tamén en T.
3. A unión de toda colección de conxuntos de T está tamén en T.
- Esta condición tamén pode escribir:
Os conxuntos en T son os conxuntos abertos, e os seus complementos en E, son chamados conxuntos cerrados.
A colección T é chamada topoloxía en E. Os elementos de E acostúmase chamarlles puntos, aínda que poden ser calquera obxecto matemático. Un espazo topolóxico no cal os puntos son funcións denomínase espazo funcional.
Ao conxunto E denomínase substrato do espazo topolóxico.
Un espazo topolóxico é un par onde é un conxunto e é unha topoloxía en .
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Topoloxía trivial ou indiscreta: é a formada por e .
- Topoloxía discreta: é a formada polo conxunto das partes de .
- Topoloxía dos complementos finitos: é a formada por e os conxuntos de , cuxos complementarios son finitos.
- Topoloxía dos complementos numerables: é a formada por e os conxuntos de , cuxos complementarios son numerables.
- R, conxunto dos reais, e T, o conxunto dos intervalos abertos no sentido usual, e das reunións de intervalos abertos.
- Recta de Sorgenfrey, a recta real, xunto coa topoloxía do límite inferior.
Topoloxía usual
[editar | editar a fonte]Dise que está dotado coa topoloxía usual se é o espazo topolóxico xerado polas bólas abertas en , é dicir, pola unión de subconxuntos da forma , onde e é un real positivo. Ademais, esta topoloxía coincide coa topoloxía métrica inducida en pola distancia usual dada por , sendo e elementos de .
