close
Saltar ao contido

Erguibat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erguibat
 Instancia de
Características
 Lingua materna
 Relixión
Implicados
 Fundador/a
Localización
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/09djgk Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Erguibat é unha tribo do Sáhara Occidental, de carácter tradicionalmente guerreiro, constitúe a principal tribo do territorio. Considéranse descendentes de Sidi Ahmed Erguibi, cunha liñaxe que se remonta a Mahoma, que chegou ao Sáhara no ano 1503.
Os erguibat divídense en 13 fraccións (fahed), a máis numerosa é a dos Boihat, aínda que é a de Ulad Musa a socialmente máis importante.
O longo de todo o século XIX saíu vencedora nas guerras que mantivo coas outras tribos. En 1894 conquistaron por breve tempo a cidade de Tinduf.
Actualmente gran parte dos dirixentes da República Árabe Saharauí Democrática, entre eles o seu presidente Mohamed Abdelaziz, e os políticos máis importantes da administración marroquina do Sáhara son erguibat.