close
Saltar ao contido

Sebastopol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sebastopol
 Nome orixinal
   Севастополь (ru)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Севастополь (ru) dende 1826 
Aqyar (crh) dende 1797 ata 1826
Aqyar (crh) dende 1783 ata 1784 Editar o valor en Wikidata
 Alcume
Севас (uk)  
Севас (ru)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
 Himno
Características
 Lingua oficial
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1783 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
 Precedido por
BERJAYA República da Crimeia (pt) Traducir (2014 - 2014) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
BERJAYA República da Crimeia (pt) Traducir (2014 - 2014) Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
Cidade Heróica da Ucrânia (pt) Traducir (6 de marzo de 2022)
Cidade heroica (8 de maio de 1965) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Xeografía
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
485.386 (2022)
418.987 (2016)
428.753 (2017)
436.670 (2018)
443.212 (2019)
509.992 (2020)
522.057 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   863,6 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
15 m
100 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
    Q112222397 Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal99000–99699 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap3030976 Editar o valor en Wikidata
VIAF158932083 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dlvj Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX459380
Wikidata G:Commons C:Commons

Sebastopol[1] (en ucraíno e ruso: Севастополь, tr. "Sevastopol"; en tártaro de Crimea: Aqyar) é unha cidade situada na península de Crimea. Ten 379.200 habitantes (2007), na súa maioría rusos (71,6 %), seguidos dos ucraínos (22,4 %). É un importante porto do Mar Negro. Conta cunha base naval de utilización conxunta para a Mariña Rusa e a Mariña Ucraína. A súa situación política é disputada entre Rusia e Ucraína. Rusia goberna a cidade baixo o status de cidade federal, limitando coa República de Crimea. Pola súa parte o goberno de Ucraína estende as súas reclamacións sobre a cidade tamén ao resto da península de Crimea.

A cidade fundouse en 1783 ao anexionar Rusia a península de Crimea, pola súa posición estratéxica converteuse nunha importante base naval e máis tarde nun porto comercial. En 1797 a cidade pasou a se denominar Akhtiar, nome dun asentamento tártaro nas súas proximidades, en 1826 a cidade recuperou o seu nome actual. Sebastopol foi teatro de operacións en diferentes conflitos bélicos, permaneceu asediada durante once meses (1854-1855) durante a Guerra de Crimea, foi sede dende 1918 ata 1920 do cuartel xeral do Exército Branco baixo o mando de Piotr Nikolaievich Wrangel e na segunda guerra mundial sufriu o asedio alemán durante 250 días (1941-1942) que aniquilou a gran parte da poboación. Durante a época da Unión Soviética Sebastopol foi unha cidade pechada, dependente directamente das autoridades centrais.

Incorporación a Rusia

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Momento da sinatura da anexión da República de Crimea e Sebastopol á Federación Rusa.

En marzo de 2014, despois do Referendo de Crimea de 2014, a cidade de Sebastopol xunto coa recentemente creada República de Crimea, solicitaron a súa incorporación á Federación Rusa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]