close
Saltar ao contido

Oito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
8
CardinalOito
Ordinaloitavo
Propiedades matemáticas
Factorización23
Función totienteφ(8) = 4
Número de divisoresτ(8) = 4
Suma dos divisoresσ(8) = 15
Conta de primosπ(8) = 4
Función de Möbiusμ(8) = 0
Función de Mertens‘‘M’‘(8) = -2
Outros sistemas de numeración
Sistema binario

1000

Sistema octal10
Sistema duodecimal8
Sistema hexadecimal8
Numeración romanaVIII
Numeración exipcia
Z1 Z1 Z1
Z1 Z1 Z1
Z1 Z1
Numeración gregaΠIII
Numeración xónicaη'
Numeración chinesa
Numeración hebraica
Numeración armeniaԸ
Numeración Āryabhaṭa
Numeración maiaBERJAYA
Lista de números

0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
0 10 20 30 40 50 60 70 80 90

O oito (8) é o cardinal posterior ao sete e anterior ao nove. É o quinto número par, sendo o anterior o seis e o seguinte o dez. Trátase do primeiro número cúbico.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Procede do latín octo.

  • A forma neolóxica dá lugar a numerosas palabras como octaédrico, octaedro, octanaxe, octano, octante, octaviano, octeto, octocoraliarios, octogonal, octógono, octópodos, octosilábico, octosílabo, octoxenario, octoxésimo e óctuplo.
  • A forma patrimonial dá lugar a numerosas palabras como oitava, oitavado, oitavar, oitavino, oitavo, oitenta, oitentón, oitocentista e oitocentos.

Evolución da grafía

[editar | editar a fonte]
  • O oito é 8 en algarismo arábico e VIII en algarismo romano.

Familia léxica

[editar | editar a fonte]
  • Octoxenario: persoa de oitenta a oitenta e nove anos.
  • Octoxésimo: ordinal e partitivo de oitenta (80º e 1/80).
  • Óctuplo: múltiplo de oito, oito veces maior.
  • Oitavo: ordinal e partitivo de oito (8º e 1/8).
  • Oitenta: dez veces oito (80).
  • Oitentón: persoa de idade aproximada de oitenta a oitenta e nove anos.
  • Oitocentos: cen veces oito (800).

Unidades de medida

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Indicadores en millas da estrada I-295 north en Rhode Island

No sistema anglosaxón de medicións:

Xeometría

[editar | editar a fonte]
  • O octaedro é un volume de oito faces planas.
  • O octógono é unha figura plana de oito bordos e oito vértices.
  • Un obxecto oitavado ten oito bordos ou faces.

Literatura

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Divino sainete de Curros, publicado en 1888.
  • O cadro máxico de Mercurio ten oito casas.
  • Empréganse oito candeas brancas para os rituais de protección xeral.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Bandeira de Andalucía.

Literatura

[editar | editar a fonte]
  • Un verso de arte menor é aquel con oito ou menos sílabas.
  • Un verso de arte maior é aquel máis de oito sílabas.
  • Unha oitava ou unha copla de arte maior teñen oito versos.
  • Un verso de oito sílabas é un octosílabo.
  • Número de notas dunha oitava.
  • A ocarina é un pequeno instrumento de vento, feito de cerámica, sen chaves e xeralmente con oito orificios para os dedos.
  • Un grupo de oito músicos é un octeto.
  • Un oitavino é unha frautiña coa escala nunha oitava para cima dos sons correspondentes á frauta.
BERJAYA
Henrique VIII, rei de Inglaterra (14911547).
  • No xadrez, cada lado ten oito casas.
  • Oito son os equipos que chegan aos cuartos de final dunha competición. 16 os que chegan aos oitavos de final.

Relixión

[editar | editar a fonte]

Unha roda con oito radios é o símbolo do Budismo.

Son oito as festividades solares anuais:

BERJAYA
Biblia pauperum.
  • O oito é amentado 80 veces na Biblia.
  • Cando a terra foi cuberta polo Diluvio, Noé foi o "oitavo" en baixar a terra co fin de iniciar unha nova orde de cousas.
  • O oito representa o primeiro dun novo período, a resurrección.
  • A Biblia contén o rexistro de oito resurreccións individuais, ademais de Cristo e dos santos.
  • Oito papas con nome de Alexandre.
  • Oito santos Simión.
  • Oito son os pasos da disciplina do ioga Pantajali.

Oito principios fundamentais da masonería regular.

BERJAYA
Kipá e menorá (Colección de Harry S. Truman)

Os oito trigramas do I-Ching son:

  • Ch'ien: o creativo: o ceo.
  • Chen: o sucitativo: o trono.
  • K'an: o abismal: a auga.
  • Ken: o aquietamento: a montaña.
  • K'un: o receptivo: a terra.
  • Sun: o suave: o vento.
  • Li: o adherente: a chama.
  • Tui: o sereno: o lago.
BERJAYA
Polbo Galego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blaschke, J. (2006) Enciclopedia de las creencias y religiones. Barcelona: Ed. Robinbook. (en castelán)
  • Chen, C. (2005) El número 8, en Revista Aguas Vivas, nº 32, marzo- abril. (en castelán)
  • Libau, K. (2003) Numerología: Guía práctica. México: Selector. (en castelán)