close
Saltar ao contido

Comboios de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Comboios de Portugal
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
CP Urbanos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Elemento operado
Características
 Forma xurídica
 Industria
 Produto ou servizo
Implicados
 Fundador/a
 Membro de
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
1997 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Localización
 Sede
 Área de operación
 País
Códigos e identificadores
VIAF124599722 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121535352 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03nmb_f Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: CP Instagram: cp_comboiosdeportugal LinkedIn: comboios-de-portugal Youtube: UCEjHQlHgs1seyUP-RVh_MMg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
BERJAYA
Conbois urbanos da CP na Estación de São Bento no Porto.
BERJAYA
Conbois Alfa Pendular da CP na Gare do Oriente en Lisboa.
BERJAYA
Intercidades circulando na Liña do Norte preto do Entroncamento
BERJAYA
Conboio interrexional da CP na Liña do Douro

Comboios de Portugal (abreviado como CP) é unha empresa pública portuguesa de transporte ferroviario e a principal operadora ferroviaria do país. Foi creada o 11 de maio de 1860 por José de Salamanca y Mayol co nome de Companhia Real dos Caminhos de Ferro Portugueses, cambiado durante a Primeira República Portuguesa a Companhia dos Caminhos de Ferro Portugueses e máis tarde a Caminhos de Ferro Portugueses. A empresa Comboios de Portugal, E.P.E. foi creada polo Decreto-Lei n.º 137-A/2009.

Caracterización

[editar | editar a fonte]
BERJAYABERJAYA
Logotipos da CP.

Na actualidade, a CP transporta preto de 178 millóns de pasaxeiros (107 millóns en 2013[1]) e 9,3 millóns de toneladas de mercadorías por ano. Atópase dividida en diferentes sub-empresas que representan unidades de negocio diferentes, cada unha cunha parte específica dos servizos prestados pola empresa:

A CP na actualidade dedícase apenas ao transporte e actividades conexas. A xestión da rede ferroviaria nacional, que lle pertenceu ata 1997, está hoxe entregada a outra empresa pública, a REFER. Está liderada por Manuel Queiró, presidente do Conselho de Administração da CP dende o 21 de febreiro de 2013.

En xuño de 2011, a empresa presetaba un beneficio de 195 millóns de euros e unha débeda de 3.3 millóns de euros.[2]

Liñas actuais e antigas

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Rexional circulando na Liña do Leste, no Alentexo
BERJAYA
Sud Expresso na estación de Santa Apolónia, en Lisboa
BERJAYA
Rede da REFER, onde circulan os servizos da CP.

Consello de Administración

[editar | editar a fonte]

O Presidente do Consello de Administración é o responsábel máximo da empresa, lidedrando un equipo xeralmente constituído por cinco membros, contando co propio presidente. Os membros do consello de administración son nomeados directamente polo ministro responsábel e exercen xeralmente un mandato trianual.

Sendo un cargo de confianza política, os nomeados son xeralmente membros ou independentes próximo dos dous partidos que se alteran o Goberno de Portugal, o PS e o PSD.

O actual Presidente do Consello de Administración é Manuel Queiró, que sucedeu a José Benoliel o 21 de febreiro de 2013.

Titular Partido Político Mandato
António Brito da SilvaPartido Social Demócrata19951997
Crisóstomo TeixeiraPartido Socialista19972003
Ernesto Martins de BritoPartido Social Demócrata20032004
António RamalhoPartido Social Demócrata20042006
Francisco Cardoso dos ReisPartido Socialista20062010
José BenolielIndependente20102012
Manuel QueiróCDS - Partido Popular2013—actualidade