British Council

O British Council (en galego Consello Británico) é unha institución pública do Reino Unido, un instituto cultural cuxa misión é difundir o coñecemento da lingua inglesa e a Cultura do Reino Unido mediante a formación e outras actividades educativas. Ademais diso, esta institución pública cumpre unha función relevante para mellorar as relacións exteriores do Reino Unido. As súas sedes principais están localizadas en Manchester e Londres. Foi fundada en 1934 co nome de British Committee for Relations with Other Countries.
Este instituto é equivalente ao Instituto Camões portugués, ao Instituto Cervantes español, ao Goethe-Institut alemán, á Sociedade Dante Alighieri italiana, á Alliance Francaise, e ao Kǒngzǐ Xuéyuàn (Instituto Confucio) da China. Todos eles traballan para divulgar as súas respectivas culturas por todo o mundo.
Presidentes
[editar | editar a fonte]| No. | Período | Nome |
|---|---|---|
| 1 | 1934–1937 | Lord Tyrrell[1] |
| 2 | 1937–1941 | Lord Lloyd |
| 3 | 1941–1945 | Sir Malcolm Robertson |
| 4 | 1946–1955 | Sir Ronald Adam |
| 5 | 1955–1959 | Sir David Kelly |
| 6 | 1959–1967 | Lord Bridges |
| 7 | 1968–1971 | Lord Fulton |
| 8 | 1971–1972 | Sir Leslie Rowan |
| 9 | 1972–1976 | Lord Ballantrae |
| 10 | 1977–1984 | Sir Charles Troughton |
| 11 | 1985–1992 | Sir David Orr |
| 12 | 1992–1998 | Sir Martin Jacomb |
| 13 | 1998–2004 | Baroness Kennedy of The Shaws |
| 14 | 2004–2009 | Lord Kinnock[2] |
| 15 | 2010–presente | Sir Vernon Ellis[3] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Britishcouncil.org". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2011. Consultado o 13 de outubro de 2012.
- ↑ Britishcouncil.org
- ↑ "Britishcouncil.org". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2011. Consultado o 13 de outubro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Instituto da Lingua Galega para a lingua galega
- Alliance Française para a lingua francesa
- Goethe-Institut para a lingua alemá
- Kokusai Koryu Kikin para a lingua xaponesa
- Instituto Camões para a lingua portuguesa
- Instituto Cervantes para a lingua española
- Kǒngzǐ Xuéyuàn para a lingua chinesa
- Instituto Italiano de Cultura para a lingua italiana
- Pro Helvetia para a cultura de Suíza
