3CatInfo
| 3CatInfo | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
3CatInfo é unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada integramente á emisión de noticias, as 24 horas do día.
Comezou a emitir o 11 de setembro de 2003 como 3/24, nunha iniciativa para desenvolver a televisión dixital terrestre (TDT), aínda que nun principio emitía simultaneamente a través da televisión analóxica convencional. Emitía programas informativos da primeira canle catalá (TV3) e desde outubro do mesmo ano comezou a producir as súas propias emisións.
Os directores que tivo 3/24 foron Esther Fernández (2003 – 2004), Jordi Ferrerons (2004 – 2006), Manuel Raya (2006 – 2012), Guillem Roig (2012-2015) e Agustí Esteve[1] (desde 2015).[2]
Programación
[editar | editar a fonte]O obxectivo da canle 3CatInfo era transmitir información en directo e programas de actualidade. Xunto a TV3 emite os informativos Telenotícies Migdia e Telenotícies Vespre. A fórmula son informativos de media hora que inclúen información meteorolóxica, deportiva e de tráfico (a primeira hora da mañá), ademais de conexións coa Bolsa de Barcelona. Os informativos de 20:15 a 20:30 e de 00:05 a 00:30 están dedicados exclusivamente ao deporte. Dende as 08:00 horas ata as 10:15 horas do día 24/03 emítese o programa Els matins.
Na franxa horaria entre as 20:00 e as 20:30, deixa paso á emisión de Canal Parlament, tamén producido por Televisió de Catalunya. Ademais, cada media hora emite un boletín de noticias que inclúe información meteorolóxica e económica. O boletín das 00:00 dedícase exclusivamente aos deportes. Ademais dos noticieiros, realízanse diariamente entrevistas sobre temas de actualidade.
Audiencia
[editar | editar a fonte]| Ano | Media anual |
|---|---|
| 2007 | 0,5% |
| 2008 | 0,5% |
| 2009 | 0,7% |
| 2010 | 1,1% |
| 2011 | 1,1% |
| 2012 | 1,3% |
| 2013 | 1,2% |
| 2014 | 1,3% |
| 2015 | 1,5% |
| 2016 | 1,5% |
| 2017 | 2,0% |
| 2018 | 1,8% |
| 2019 | 2,2%[3] |
| 2020 | 1,7%[4] |
| 2021 | 1,4%[5] |
| 2022 | 1,4%[6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Relleu de presentadors a TV3 de cara a la nova temporada de tardor". ccma.cat (en catalán). 25 de xuño de 2015 [actualizado o 26 de xuño de 2015]. Consultado o 30 de marzo de 2023.
- ↑ "Com va començar tot". ccma.cat (en catalán). 27 de agosto de 2013. Consultado o 30 de marzo de 2023.
- ↑ Redacción (31 de decembro de 2019 [actualizado o 1 de xaneiro de 2023]). "TV3 tanca el 2019 com a líder, amb el millor resultat des del 2010". ccma.cat (en catalán). Consultado o 30 de marzo de 2023.
- ↑ Gutiérrez, Àlex (1 de xaneiro de 2021). "«TV3 amplia el seu rècord i lidera les audiències onze anys seguits". ara.cat (en catalán). Consultado o 30 de marzo de 2023.
- ↑ Redacción (3 de xaneiro de 2022). "TV3 és líder d’audiència per 12è any seguit". comunicacio21.cat (en catalán). Consultado o 30 de marzo de 2023.
- ↑ Gutiérrez, Àlex (1 de xaneiro de 2023). "«TV3 es manté tretze anys líder mentre Antena 3 aconsegueix un ‘sorpasso’ històric a Espanya»". ara.cat (en catalán). Consultado o 30 de marzo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do 3/24 (en catalán)
