close
Saltar ao contido

Shkodër

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shkodër
 Nome orixinal
BERJAYA Shkodra (sq)  
BERJAYA Shkodër (sq)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   BERJAYA Shkodër (sq)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
   BERJAYA scutarini (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Historia
 Acontecementos importantes
 Substitúe
Scodra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Irmandado con
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
65.000 (1979) censo
79.920 (1989) censo
82.455 (2001) censo
76.000 (2011) censo
61.633 (2023) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   872,612 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   13 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal4001–4007 Editar o valor en Wikidata
VIAF153683066 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01qmvz Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Shkodër ou Shkodra é unha cidade do noroeste de Albania, capital do distrito de Shkodër e do condado co mesmo nome. Estímase que no ano 2004 contaba cunha poboación de 90.000 habitantes, o que a converte na cuarta cidade máis grande do país.

No século III a. C. xa era capital da tribo iliria dos Ardeanos, cuxo último rei, Genthius, mantivo a súa independencia ata o 168 a. C. cando foi derrotado polos romanos baixo o mando do xeneral Paulo Emilio durante as terceiras guerras ilirias, pasando a ser a provincia romana de Praevalitania.

Coa división do Imperio Romano entre occidente e oriente Shkodër sería asignada ao dominio bizantino.

Co comezo da chegada das tribos eslavas no século VII as fronteiras do Imperio Bizantino retroceden, quedando a zona baixo dominio serbio. Quen a manterán dende o ano 1040 ata 1396, cando cae en poder dos venecianos e no ano 1479 na do Imperio Otomán.

Coa caída do Imperio Otomán a raíz da primeira guerra mundial a zona de Shkodër queda baixo dirección do goberno sito en Tirana, que pouco duraría debido á conquista do mesma por parte de Alemaña no marco da segunda guerra mundial. Queda baixo autoridade xermana ata que a resistencia antifascista dirixida polo movemento comunista de Enver Hoxha libera o país no ano 1941 e instaura a República Popular de Albania, que se manterá ata 1992, trala morte do líder comunista un ao antes e a raíz do período convulso que sofre Europa do Leste.

No século XIX a cidade converteuse un importante centro industrial (principalmente industria mecánica e eléctrica), comercial e cultural, sendo sede dunha Universidade.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade aséntase a 25 quilómetros da costa, entre dous ríos e ao carón do lago do mesmo nome, o máis grande dos Balcáns, e rodeada de montañas. A parte montenegrina do lago Shkodër foi nomeado parque nacional no ano 1983. Do mesmo lago sae o río Buene, un dos poucos ríos navegábeis do país, que desemboca no Mar Adriático.

Monumentos

[editar | editar a fonte]

Un dos principais monumentos de Shkodër é o Castelo de Rozafa, situado no promontorio que domina a cidade foi fundado polos ilirios e dominado por tódalas civilizacións que pasaron pola convulsa zona, sendo particularmente famosa a resistencia que nel levaron a cabo durante a primeira guerra mundial os otománs baixo a dirección de Hassan Riza Pasha e Essad Pasha.

É a sede do equipo de fútbol Klubi Sportiv Vllaznia Shkodër, fundado en 1919 e que ao longo dos anos sufriu constantes cambios de nome, no seu palmarés ten 9 títulos da Liga albanesa de fútbol, 6 Copas e 2 Supercopas. O club participou na Copa de Europa 1978-79.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]