Prizren (en albanés: Prizren / Prizreni; bosníaco: Prizren; serbio: Призрен; turco: Prizren, Pürzeyn, Perzerrin) é unha cidade histórica de Kosovo. É a capital administrativa do concello e do distrito de Prizren. A cidade ten unha poboación de 178,000 (censo de 2011),[1] facendo a segunda cidade máis grande de Kosovo. Os residentes de PRizren son maiormente de etnia albanesa. Prizren fica situada nos Montañas do Šar (Malet e Sharrit) no sur de Kosovo, preto da fronteira con Albania e Macedonia do Norte.[2]
A sanidade en Prizren consta cun sistema de 14 centros de saúde e 26 casas de saúde. O sector da sanidade ten 475 empregados, incluíndo doutores e enfermeiras, 264 mulleres e 211 homes. O hospital rexional de Prizren oferta servizos a aproximadamente 250,000 persoas. O hospital ten contratadas a 778 traballadores.
Hai 48 escolas de primaria con 28,205 alumnos e 1,599 profesores, seis instituto con 9,608 estudantes e 503 profesores; tamén hai garderías privadas. Hai unha universidade pública en Prizren, ofertando cursos en bosníaco, albanés e turco.