O topónimo da vila provén do latínPonte caesa (que significa Ponte pechada ou cortada). Algúns historiadores afirman que o topónimo débese a que a ponte orixinal, de orixe romana que unía os actuais municipios de Cabana de Bergantiños e Ponteceso, se derrubou dando lugar ao nome ponte caesa (ponte cortada).[Cómpre referencia]
O primeiro censo no que se nomea o concello co nome de Ponteceso é o de 1877. Anteriormente o concello foi coñecido co nome de Bugalleira.[1]
A agricultura en Ponteceso ten certa importancia, con cultivos como millo e pataca. Nos últimos anos o municipio desenvolveu un bo sector turístico arredor da vila mariñeira de Corme. Na capital pontecesán o comercio e os servizos son as actividades maioritarias. As capturas de diversos mariscos, como por exemplo o percebe, son tamén importantes para a economía local.