close
Saltar ao contido

Dez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
10
CardinalDez
Ordinaldécimo
Propiedades matemáticas
Factorización2 × 5
Función totienteφ(10) = 4
Número de divisoresτ(10) = 4
Suma dos divisoresσ(10) = 18
Conta de primosπ(10) = 4
Función de Möbiusμ(10) = 1
Función de Mertens‘‘M’‘(10) = -1
Outros sistemas de numeración
Sistema binario

1010

Sistema octal12
Sistema duodecimalA
Sistema hexadecimalA
Numeración romanaX
Numeración exipcia
V20
Numeración gregaΔ
Numeración xónicaι'
Numeración chinesa
Numeración hebraica
Numeración armeniaԺ
Numeración Āryabhaṭa
Numeración maiaBERJAYA
Lista de números

10 11 12 13 14 15 16 17 18 19
0 10 20 30 40 50 60 70 80 90

O dez (10) é o número natural que segue ao nove e precede ao once. Na numeración romana represéntase cun X.

O 10 é un número composto, que ten os seguintes factores propios: 1, 2 e 5. Como a suma dos seus factores é 8 < 10, trátase dun número defectivo.

O 10 é a base do sistema decimal.

O 10 é o cuarto número triangular, despois do 6 e antes do 15.

Un polígono de 10 lados recibe o nome de decágono.

O número 10 é un dos máis famosos na historia da humanidade. Moitos pobos primitivos contaban á base de utilizar os dedos das dúas mans, co que chegaban ata dez. De feito, o símbolo romano "X" para dez tiña o significado inicialmente de dúas mans cruzadas.

Simboloxía

[editar | editar a fonte]

A filosofía pitagórica concibía o dez como mostra da perfección e relacionábao co Ser supremo. É coñecido que xuraban por tetractys (dez) como se o fixesen polo máis sacro.

Esta magnitude contén todos os números, polo tanto considérase como número completo. No cristianismo repítese nos seguintes temas: 10 mandamentos; ofrecer décimos a Deus; 10 lámpadas, 10 virxes, 10 talentos (expresado así nalgunhas parábolas).

BERJAYA
Man de cartas de póker cos catro 10 da baralla.

Segundo a Cábala, é símbolo da Totalidade. É o Sefirot.

O 10 considérase como un símbolo do sinal de IO-Isis.

No alfabeto sacro dos hebraicos, o yod vale 10. O yod é a primeira letra que conforma o nome de Deus: YHVH, YESHUA. No templo de Salomón había 10 barreñas, 10 mesas e 10 candelabros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.