Taylor Hawkins
Aparencia
(2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de febreiro de 1972 Fort Worth |
| Morte | 25 de marzo de 2022 Bogotá |
| Causa da morte | morte accidental, Intoxicação por antidepressivos tricíclicos (pt) |
| Educación | Laguna Beach High School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Percussion performance (en) |
| Ocupación | batería, cantautor, percusionista, guitarrista, cantante, músico |
| Período de actividade | 1994 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Rock alternativo, punk rock, Post-grunge, metal alternativo e rock progresivo |
| Tesitura | Tenor |
| Instrumento | Batería, instrumento de percusión, piano, voz e guitarra |
| Selo discográfico | Geffen Records |
| Familia | |
| Cónxuxe | Alison Hawkins |
| Fillos | Shane Hawkins |
| Sitio web | taylorhawkins.com |
Oliver Taylor Hawkins, nado en Fort Worth, Texas o 17 de febreiro de 1972 e finado en Bogotá o 25 de marzo de 2022,[1] foi o batería da banda de rock alternativo Foo Fighters dende 1997, cando substituíu a William Goldsmith. Tamén fundou unha banda chamada Taylor Hawkins and The Coattail Riders na cal tocaba a batería e cantaba.
Anteriormente fora o batería de xira da banda de Alanis Morissette, Sexual Chocolate, e tocou a batería na gravación de Jagged Little Pill. Despois diso tocou nunha banda experimental de curta vida chamada Sylvia, a cal cambiou o seu nome para o de Anyone e asinou un contrato co selo Roadrunner Records. O seu curmán, Kevin Harrell, foi quen o presentou a Dave Grohl, líder de Foo Fighters.
