Stellantis
| Stellantis | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Stellantis NV é un fabricante multinacional automobilístico con sede en Ámsterdam, Países Baixos[1][2], formado pola fusión da empresa italo-americana Fiat Chrysler Automobiles e da empresa francesa Groupe PSA en 2021 sobre a base dun 50%-50% cun acordo de fusión transfronteiriza.[1] O grupo ten unha ampla carteira de marcas de automóbiles: Abarth, Alfa Romeo, Chrysler, Citroën, Dodge, DS Automóbiles (escisión de Citröen), Fiat, Fiat Profesional, Jeep, Lancia, Maserati, Opel, Peugeot, Ram Trucks e Vauxhall Motors. O nome "Stellantis" úsase exclusivamente para identificar a entidade corporativa, mentres que as marcas e os logotipos do grupo permanecen inalterados.[1]
A compañía ten 400.000 empregados, con presenza en máis de 130 países e con fábricas en 30 países.[3] O grupo ten plans para ter 39 vehículos eléctricos para finais de 2021.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]A principios de 2019, FCA buscou unha fusión co fabricante de automóbiles francés Renault e chegou a un acordo provisional coa empresa.[5] Non obstante, o comportamento do goberno francés durante as negociacións levou ao abandono do acordo; The Economist informou de que "para FCA isto auguraba interferencias futuras."[6] Nissan tamén tiña varias preocupacións sobre o impacto da proposta na súa alianza con Renault.[6]
Posteriormente, FCA achegouse a PSA. A fusión, acordada oficialmente en decembro de 2019, foi a de crear o cuarto fabricante de automóbiles máis grande do mundo por vendas mundiais de vehículos, cun aforro anual previsto de 3.700 millóns de euros, ou aproximadamente 4.222 millóns de dólares.[1]
O 21 de decembro de 2020, a Comisión Europea anunciou a súa aprobación da fusión, ao tempo que impoñía restricións mínimas para garantir a competencia no sector.[7]
A fusión foi aprobada o 4 de xaneiro de 2021 polos accionistas de FCA NV e Peugeot SA e o acordo concluíu o 16 de xaneiro de 2021. As accións ordinarias da nova compañía comezaron a negociarse na Bolsa de Milán (MTA) e Euronext París o 18 de xaneiro de 2021 e na Bolsa de Nova York o 19 de xaneiro de 2021, en cada caso baixo o símbolo "STLA".[8][9][10]
Estrutura
[editar | editar a fonte]Desde 2021 a carteira de marcas de Stellantis é:
| Marca | Fundación | CEO da marca |
|---|---|---|
| Jeep | 1941 | Christian Meunier |
| Chrysler | 1925 | Timothy Kuniskis |
| Dodge | 1914 | |
| Ram | 2010[a] | Michael Koval |
| Fiat | 1899 | Olivier François |
| Abarth | 1949 | |
| Lancia | 1906 | Luca Napolitano |
| Alfa Romeo | 1910 | Jean-Philippe Imparato |
| Maserati | 1914 | Davide Grasso |
| Citroën | 1919 | Vincent Cobée |
| Peugeot | 1810 | Linda Jackson |
| Opel | 1862 | Michael Lohscheller |
| Vauxhall | 1857[11] | |
| DS Automobiles | 2014 (escisión de Citroën) | Béatrice Foucher |
Propiedade
[editar | editar a fonte]Tras a fusión do 50% de FCA e 50% de PSA, os propietarios son:[12]
- Exor N.V.: 14.40%
- Accións propias do grupo: 12.59%
- Familia Peugeot: 7.20%
- Depósitos de fondos e consignacións: 5.66%
- Dongfeng Motor Corporation: 4.91%
- UBS Securities: 4.88%
- BlackRock: 3.57%
- Grupo Vanguard: 2.67%[13]
Consello de administración
[editar | editar a fonte]O consello executivo de Stellantis está formado por 11 membros. Cinco membros proceden de PSA e dos principais accionistas (BpiFrance, FFP), mentres que outros cinco proceden de Fiat Chrysler Automobiles e principal accionista (Exor). O escano restante recae en Carlos Tavares, CEO de Stellantis.
Plantas de montaxe
[editar | editar a fonte]Norte América
[editar | editar a fonte]- Canadá:
- México:
- Saltillo, Coahuila (Factoría de camións de Saltillo)[14]
- Toluca (Factoría Toluca)[14]
- Estados Unidos:
Sur América
[editar | editar a fonte]- Arxentina:
- Brasil:
- Betim, Minas Xerais
- Goiana, Pernambuco
- Porto Real, Río de Xaneiro
- Venezuela: Valencia, Carabobo
Europa
[editar | editar a fonte]- Francia:
- Alemaña:
- Hungría, Szentgotthárd (Opel Szentgotthárd)
- Italia:
- Polonia:
- Bielsko-Biala, Silesia
- Gliwice, Silesia
- Tychy, Silesia
- Portugal: Mangualde (Factoría Stellantis de Mangualde)
- Serbia: Kragujevac, Sumadija e Serbia oeste
- Eslovaquia: Trnava (Factoría de Stellantis en Trnava)
- España:
- Madrid
- Vigo, Galicia (Factoría de Stellantis en Vigo)
- Figueruelas, Aragón (Factoría de Zaragoza)
- Reino Unido:
- Rusia: Kaluga (PCMA Rus)
- Turquía: Bursa (Tofaş)
África, Oriente medio, Asia e Oceanía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ escisión de Dodge
- Referencias
- 1 2 3 4 Fiat Chrysler and PSA Group rename merged automaker ‘Stellantis’ Arquivado 28 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine., Fox Business, 16 de xullo de 2020
- ↑ Fiat Chrysler to Be Renamed Stellantis After Merger With PSA, Wall Street Journal, 15 de xullo de 2020
- ↑ "Overview | Stellantis". www.stellantis.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-19.
- ↑ "Stellantis: Construindo un lider mundial en mobilidade sostible | Stellantis". www.stellantis.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2021. Consultado o 2021-01-19.
- ↑ "Fiat Chrysler proposes 50-50 merger with Renault". TechCrunch. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2021. Consultado o 2019-05-27.
- 1 2 "Braking bad: A merger of Fiat Chrysler Automobiles and Renault is no more". The Economist (London). 8 de xuño de 2019. Consultado o 2021-02-16.
Fontes próximas a FCA din que o goberno estaba constantemente a cuestionar e renegociar todos os aspectos do trato. Para FCA isto auguraba interferencias futuras. Cando Francia sinalou a Nissan como un obstáculo, FCA perdeu a paciencia.
- ↑ "Mergers: Commission approves the merger of Fiat Chrysler Automobiles N.V. and Peugeot S.A., subject to conditions" (Nota de prensa). European Commission. 2020-12-21.
- ↑ "Fiat Chrysler and Peugeot shareholders vote to merge, creating world's fourth-largest car maker". NBC News (en inglés). Consultado o 2021-01-04.
- ↑ Noble, Breana. "Stellantis merger to close on Jan. 16 after PSA, FCA shareholders approve". The Detroit News (en inglés). Consultado o 2021-01-05.
- ↑ "The merger of FCA and Groupe PSA has been completed" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-16.
- ↑ "- Vauxhall History". vauxhallhistory.org. Consultado o 2021-03-10.
- ↑ "Stellantis Information on Euronext" (en inglés). Euronext. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2021. Consultado o 23 de xaneiro de 2021.
- ↑ "STLA - Stellantis NV Shareholders - CNNMoney.com". money.cnn.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2021.
- 1 2 3 "Stellantis Media - FCA North American Manufacturing Operations". media.stellantisnorthamerica.com. Consultado o 2021-02-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stellantis |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.stellantis.com
- STELLANTIS: The name of the new group resulting from the merger of FCA and Groupe PSA Arquivado 17 de marzo de 2021 en Wayback Machine., joint press release of FCA and PSA
