Novembro
Aparencia
| << | Novembro | >> | ||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | ||||||
| 2026 Todos os días | ||||||

Novembro ou san Martiño[1] é o undécimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome deriva de ter sido o noveno mes do calendario romano.
En Galicia recibe diferentes denominacións populares: Mes santo, Mes de Santos, Mes morto, Mes dos mortos ou San Martiño.
Acontecementos en novembro
[editar | editar a fonte]- Día 1: Día de Tódolos Santos.
- Día 2: Día de Defuntos.
- Primeiro xoves: Día Mundial da Preservación dixital.[2]
- Segundo domingo: Día Mundial do Enoturismo [3]
- Terceiro mércores: Día Mundial contra a DPOC.[4]
- Terceiro domingo: Día Mundial en memoria das Vítimas de Accidentes de Tráfico. Foi establecido en 2005 pola Asemblea Xeral da ONU .
Novembro na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Novembro na cultura popular galega.
- Normalmente é cando se realiza a mata ou matanza dos porcos nas aldeas, contra o día de san Martiño.
- Aínda se fan magostos.
Refraneiro
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "San Martiño". Real Academia Galega. Consultado o 31 de outubro de 2016.
- ↑ "Día Mundial de la Preservación Digital (DMPD)" (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2025.
- ↑ "Día Mundial do Enoturismo". Día Mundial del Enoturismo y actividades en bodegas (en castelán). Consultado o 2023-06-30.
- ↑ "Día Mundial de la EPOC 2024: «Conoce tu función pulmonar»" (en castelán). Consultado o 24.11.2024.
- ↑ Santo André, 30 de novembro.
- ↑ Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; san Martiño, 11 de novembro.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Novembro |
