close
Saltar ao contido

Liga ACB

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga ACB
BERJAYA Editar o valor en Wikidata
Tipoliga de baloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorAsociación de Clubs de Baloncesto Editar o valor en Wikidata
Liga superiorEuroleague Basketball Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorLiga LEB, Liga EBA, LEB Prata e Liga Espanhola de Basquetebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes18 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1983 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaoutubroxuño Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialacb.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: ACBCOM Twitter: ACBCOM Instagram: acbcom Editar o valor en Wikidata

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Liga Española de Baloncesto

[editar | editar a fonte]

A Primeira División da "Liga Española da EBA", disputada entre 1957 e 1983, foi unha "liga" no sentido estrito da palabra. Non había play-off. Todos os participantes (cuxo número foi aumentando cos anos) enfrontábanse entre si de acordo ao calendario establecido por un sorteo a principio de tempada. Cando todos os equipos enfrontáronse ao resto, iniciábase a "segunda volta". Os equipos volvíanse a enfrontar entre eles, seguindo o mesmo orde do calendario, pero alterando o campo no que xogaban. Desta maneira, todos os equipos enfrontábanse contra todos dúas veces, e unha vez en cada campo.

A vitoria valía dous puntos e o empate un punto (naquel tempo o regulamento do baloncesto contemplaba o empate a puntos). Ao finalizar a "segunda volta" concluía a liga e o primeiro clasificado, o equipo que máis puntos sumara, era proclamado campión, e gañaba a posibilidade de participar na Copa de Europa de Baloncesto, organizada pola FIBA. Os equipos clasificados en segundo, terceiro e cuarto lugar eran convidados a disputar a Copa Korać, agás se algún deles gañara a Copa do Rei de Baloncesto, nese caso era convidado a disputar a Recopa de Europa de Baloncesto. O tres últimos clasificados descendían á "Primeira División B" da liga e deixaban a súa praza ao tres primeiros clasificados desta, que ascendían de categoría. Durante as 27 tempadas que se disputou a liga, o Real Madrid foi o dominador absoluto da competición, gañando 22 das 27 edicións. Tan só en cinco ocasións foi destronado, e sempre por equipos cataláns: o FC Barcelona en tres ocasións, e o Joventut Badalona en dúas.

A Liga ACB Foi creada en 1983 como máxima competición nacional, substituíndo á Liga Española de Baloncesto disputada ata entón organizada pola Federación Española de Baloncesto. Desde a súa fundación o dominio repartiuse entre o Real Madrid e FC Barcelona, aínda que entraron en liza outros equipos que conseguiron facerse co título de campións: o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket. Actualmente, baixo o patrocinio de Endesa, a Liga ACB é unha das competicións de baloncesto profesional máis importantes do mundo, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2016–17 de 6.456 espectadores. Isto supón que sexa a cuarta liga profesional neste aspecto, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Ao longo do tempo a liga recibiu diferents nomes:

  • ACB Primeira División (1983–1988)
  • Liga ACB (1988–2011)
  • Liga Endesa (2011–presente)

Sistema de competición

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Encontro entre o Real Madrid e o Fuenlabrada.

A Liga ACB está formada por 18 equipos que compiten nunha primeira fase ou fase regular nunha Liga na que cada un enfróntase dúas veces a todos os demais (unha vez como local e outra como visitante). Ao finalizar a primeira volta os oito primeiros clasificados disputan a Copa do Rei. Pódese dar o caso que o oitavo clasificado non a dispute xa que unha das prazas é para un equipo ACB anfitrión da cidade que organiza o torneo. Dispútase a partido único (sete encontros: cuartos de final, semifinais e final) nunha mesma sede.

Ao final da fase regular, os oito primeiros clasificados enfróntanse nos play-offs, isto é, emparéllanse eses oito equipos de acordo coa súa clasificación na fase regular e disputan unhas eliminatorias ao mellor de tres partidos (cinco na final). Os primeiros clasificados teñen vantaxe de campo e os emparellamentos fanse favorecendo a clasificación previa, é dicir o primeiro xoga co oitavo, o segundo co sétimo, o terceiro co sexto, e o cuarto co quinto. O gañador da final destas eliminatorias é proclamado campión da Liga ACB. Os dous últimos clasificados descenden directamente á Liga LEB.

PostoClasificación
Play-off polo título de liga
9º − 16º
17ºDescenso á Liga LEB Ouro
18º
Para consultar os diferentes xogadores de cada equipo véxase: Elencos da ACB.

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2024−25 da Liga ACB.

Localización dos equipos das Canarias
Equipo Cidade Comunidade Pavillón Capacidade
Andorra Andorra la Vella Andorra Andorra Poliesportiu d'Andorra 5.005
Barça Barcelona Cataluña Cataluña Palau Blaugrana 7.585
Bàsquet Girona Xirona Cataluña Cataluña Girona-Fontajau 5.500
BAXI Manresa Manresa Cataluña Cataluña Nou Congost 5.000
Burgos Burgos Castela e León Castela e León Coliseum Burgos 9.352
Casademont Zaragoza Zaragoza Aragón Aragón Pabellón Príncipe Felipe 10.744
Cazoo Baskonia Vitoria-Gasteiz País Vasco País Vasco Fernando Buesa Arena 15.504
Covirán Granada Granada Andalucía Andalucía Palacio Municipal 9.507
Gran Canaria As Palmas Illas Canarias Illas Canarias Gran Canaria Arena 9.870
Joventut Badalona Badalona Cataluña Cataluña Palau Municipal d'Esports 12.760
Lenovo Tenerife La Laguna Illas Canarias Illas Canarias Santiago Martín 5.100
Leyma Básquet Coruña A Coruña Galicia Galicia Coliseum da Coruña 10.000
Real Madrid Madrid Comunidade de Madrid Madrid WiZink Center 15.000
Río Breogán Lugo Galicia Galicia Pazo dos Deportes 6.500
Surne Bilbao Basket Bilbao País Vasco País Vasco Bilbao Arena 10.014
UCAM Murcia Murcia Murcia Murcia Palacio de Deportes 7.341
Unicaja Málaga Andalucía Andalucía Martín Carpena 10.233
Valencia Basket Valencia BERJAYA Valencia Font de Sant Lluís 8.500

Historial

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa os rexistros de todos os equipos que participaron na Liga ACB desde a súa fundación na temporada 1983-84. A táboa non inclúe rexistros de anteriores temporadas da Liga Española de Baloncesto. Os datos están actualizados até o comezo da temporada 2022-23.

Pos Equipo Tmp PX G P Debut Desde/Última Mellor
1Barcelona39164312354081614511983–841983–841
2Real Madrid3916081201407149621983–841983–841
3Baskonia39151795456345561983–841983–841
4Joventut39145582762824641983–841983–841
5Unicaja[a]37139878361512461983–841987–881
6Valencia33125272752511431988–891996–971
7Estudiantes3814037216821571983–842020–212
8Gran Canaria31112753958821985–861995–964
9Manresa341201508693121983–842018–191
10Real Betis32113750563221989–902019–202
11Valladolid3010324326001983–842013–146
12Girona207313304011988–892007–085
13Fuenlabrada248183204981996–972005–067
14Murcia248313005311990–912011–127
15Canarias[b]1759528431111983–842012–133
16CB Zaragoza13473270203231983–841995–963
17Bilbao1759126932212004–052019–202
18Breogán196722674051984–852021–226
19Basket Zaragoza13447194253112008–092010–113
20Andorra124191862331992–932021–226
21León113981792191990–912007–086
22Peñas Huesca124411732681983–841995–9610
23Granollers103521661861983–841992–935
24Cáceres113881632251992–932002–035
25Obradoiro123991462532009–102011–128
26Ourense103831432401989–902000–018
27Granada124111402711996–972010–1110
28OAR Ferrol103501402101983–841993–947
29Gipuzkoa124111352762006–072020–215
30Lucentum93161321842000–012011–126
31Collado Villalba6226931331987–881991–928
32Oximesa6225821431986–871991–9211
33Cajabilbao5184761081986–871990–919
34Maristas Málaga416076841988–891991–9213
35San Pablo Burgos5169759412017–182021–224
36Espanyol516573921984–851988–898
37Lleida414057832001–022004–058
38Cantabria5170531171997–982001–0214
39Menorca5168511172005–062011–1215
40Círcol Catòlic397494811983–841985–864
41Cajamadrid39846521983–841985–865
42Gijón4144371071995–962001–0215
43Salamanca27636401994–951995–969
44Tenerife AB28928611988–891989–9022
45Llíria27927521991–921992–9316
46Tenerife26825432003–042004–0510
47Ciudad de Huelva13911281997–981997–9817
48L'Hospitalet13111201983–841983–8415
49Askatuak14310331988–891988–8924

Liga ou situación na temporada 2022-23:

Liga ACB
Liga LEB Ouro
Liga LEB Prata
Liga EBA
Divisións inferiores
Desaparecido

Resultados

[editar | editar a fonte]

A Liga Nacional foi a primeira denominación do campionato de primeira división de baloncesto. Das vinte e sete edicións da mesma, o Real Madrid saíu vencedor en vinte e dúas ocasións, sendo unicamente superado en cinco ocasións, das cales catro foi subcampión. Os outros vencedores foron o Club de Fútbol Barcelona de baloncesto con tres títulos e o Club Joventut de Badalona con dous campionatos. Desde que a competición pasou a ser organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto baixo a denominación de Liga ACB, un total de sete equipos resultaron vencedores. Alén do Real Madrid, o Barcelona e o Joventut, conseguiron vencer o Saski Baskonia, o Bàsquet Manresa, o Club Baloncesto Málaga e o Valencia Basket. A mellor xeira de títulos logrouna o Real Madrid, quen conseguiu proclamarse campión en dez temporadas consecutivas entre 1967 e 1977.

O xogador croata Velimir Perasović foi máximo anotador da liga en catro tempadas consecutivas co Baloncesto Fuenlabrada, alén dunha vez anteriormente co Club Baloncesto Breogán. Desde a temporada 1990−91 entrégase o premio ao mellor xogador da final sendo Juan Carlos Navarro, con tres, o máis galardoado. Un ano despois empezou a entregarse o premio ao mellor xogador da liga regular recaendo en tres ocasións no estadounidense Darryl Middleton, por diante das dúas ocasións logradas por Arvydas Sabonis, Tanoka Beard e Luis Scola.

Temporada Campión Res. Subcampión Máx. Anotador (Equipo) / Pts.
Liga Nacional
1956–57Real Madrid (1)N/AC.F. BarcelonaEspaña Alfonso Martínez (RMA) / 18,0
1957–58Real Madrid (2)N/AJuventud de BadalonaEspaña Alfonso Martínez (RMA) / 17,2
1958–59C.F. Barcelona (1)N/AReal MadridEspaña Emiliano Rodríguez (AIS) / 17,2
1959–60Real Madrid (3)N/AJuventud de BadalonaPorto Rico Johnny Báez (RMA) / 19,9
1960–61Real Madrid (4)N/ACB Orillo Verde SabadellEspaña Francisco Llobet Serra (OVS) / 20,4
1961–62Real Madrid (5)N/AJuventud de BadalonaEstados Unidos Wayne Hightower (RMA) / 19,7
1962–63Real Madrid (6)N/AC.B. EstudiantesEspaña Emiliano Rodríguez (RMA) / 19,9
1963–64Real Madrid (7)N/APicadero Jockey ClubEspaña Emiliano Rodríguez (RMA) / 22,7
1964–65Real Madrid (8)N/APicadero Jockey ClubEspaña Lorenzo Alocén (HEL) / 24,2
1965–66Real Madrid (9)N/APicadero Jockey ClubEstados Unidos Miles Aiken (AGB) / 23,9
1966–67Juventud de Badalona (1)N/AReal MadridEspaña Alfonso Martínez (JOV) / 22,1
1967–68Real Madrid (10)N/AC.B. EstudiantesEstados Unidos Clifford Luyk (RMA) / 24,3
1968–69Real Madrid (11)N/AJuventud de BadalonaEstados Unidos Charles Thomas (SJI) / 25,6
1969–70Real Madrid (12)N/APicadero Jockey ClubEstados Unidos Charles Thomas (SJI) / 24,1
1970–71Real Madrid (13)N/AJuventud de BadalonaEspaña Alfredo Pérez (BRE) / 27,1
1971–72Real Madrid (14)N/AC.F. BarcelonaEspaña Gonzalo Sagi-Vela (EST) / 21,6
1972–73Real Madrid (15)N/AJuventud de BadalonaEspaña Alfredo Pérez (BRE) / 23,2
1973–74Real Madrid (16)N/AF.C. BarcelonaEstados Unidos John Coughran (YMCA) / 31,7
1974–75Real Madrid (17)N/AF.C. BarcelonaEstados Unidos Ray Price (BAS) / 32,2
1975–76Real Madrid (18)N/AF.C. BarcelonaEstados Unidos Bob Fullarton (BRE) / 30,3
1976–77Real Madrid (19)N/AF.C. BarcelonaEstados Unidos Bob Guyette (FCB) / 32,0
1977–78Juventud de Badalona (2)N/AReal MadridEstados Unidos Essie Hollis (ASK) / 41,0
1978–79Real Madrid (20)N/AF.C. BarcelonaEstados Unidos Webb Williams (BAS) / 34,5
1979–80Real Madrid (21)N/AF.C. BarcelonaEstados Unidos Nate Davis (VAD) / 29,7
1980–81F.C. Barcelona (2)N/AC.B. EstudiantesCanadá Lars Hansen (OAR) / 27,4
1981–82Real Madrid (22)N/AF.C. BarcelonaEstados Unidos Larry McNeill (CAN) / 34,4
1982–83F.C. Barcelona (3)N/AReal MadridEstados Unidos Claude Gregory (BAS) / 30,6
Liga ACB
Temporada Campión Res. Subcampión MVP Final (Equipo) MVP Liga (Equipo) Máx. anotador (Equipo) / Pts.
1983–84Real Madrid (23)2–1FC BarcelonaEstados Unidos Nate Davis (FER) / 28,2
1984–85Real Madrid (24)2–1Ron Negrita JoventutEstados Unidos Nate Davis (FER) / 30,0
1985–86Real Madrid (25)2–0FC BarcelonaEstados Unidos Mike Phillips (ESP) / 29,5
1986–87FC Barcelona (4)3–1Ron Negrita JoventutEstados Unidos Eddie Phillips (CAN) / 33,1
1987–88FC Barcelona (5)3–2Real MadridEstados Unidos Kenny Simpson (MAN) / 29,2
1988–89FC Barcelona (6)3–2Real MadridIugoslavia Dražen Petrović (RMA) / 28,5
1989–90FC Barcelona (7)3–0RAM JoventutEstados Unidos Ray Smith (MAR) / 27,7
1990–91Montigalà Joventut (3)3–1FC BarcelonaEstados Unidos Corny Thompson (JOV)Estados Unidos Walter Berry (VLB) / 33,4
1991–92Montigalà Joventut (4)3–2Real Madrid AseguratorEstados Unidos Mike Smith (JOV)Estados Unidos Darryl Middleton (GIR)Estados Unidos Jeff Lamp (OXI) / 29,1
1992–93Real Madrid Teka (26)3–2Marbella JoventutLituania Arvydas Sabonis (RMA)Estados Unidos Darryl Middleton (SEV)Croacia Velimir Perasović (BRE) / 24,5
1993–94Real Madrid Teka (27)3–0FC Barcelona Banca CatalanaLituania Arvydas Sabonis (RMA)Lituania Arvydas Sabonis (RMA)Brasil Oscar Schmidt (VLL) / 33,2
1994–95FC Barcelona Banca Catalana (8)3–2UnicajaEstados Unidos Mike Ansley (UNI)Lituania Arvydas Sabonis (RMA)Estados Unidos Darrell Armstrong (OUR) / 24,6
1995–96FC Barcelona Banca Catalana (9)3–0Caja San FernandoEspaña Xavi Fernández (FCB)Estados Unidos Michael Anderson (SEV)Estados Unidos John Morton (GCA) / 26,3
1996–97FC Barcelona Banca Catalana (10)3–2Real Madrid TekaEspaña Roberto Dueñas (FCB)Estados Unidos Kenny Green (BAS)Estados Unidos John Morton (GCA) / 23,6
1997–98TDK Manresa (1)3–1TAU CerámicaEspaña Joan Creus (MAN)RF Iugoslavia Dejan Bodiroga (RMA)Estados Unidos Tony White (VLL) / 21,2
1998–99FC Barcelona Banca Catalana (11)3–0Caja San FernandoEstados Unidos Derrick Alston (FCB)Estados Unidos Tanoka Beard (RMA)Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,5
1999–00Real Madrid (28)3–2FC BarcelonaEspaña Alberto Angulo (RMA)Estados Unidos Darryl Middleton (GIR)Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,4
2000–01FC Barcelona (12)3–0Real MadridEspaña Pau Gasol (FCB)Estados Unidos Lou Roe (GIJ)Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,9
2001–02TAU Cerámica (1)3–0Unicaja MálagaEstados Unidos Elmer Bennett (BAS)Estados Unidos Tanoka Beard (JOV)Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,4
2002–03FC Barcelona (13)3–0Pamesa ValenciaLituania Šarūnas Jasikevičius (FCB)Arxentina Walter Herrmann (FUE)Arxentina Walter Herrmann (FUE) / 22,3
2003–04FC Barcelona (14)3–2Adecco EstudiantesSerbia e Montenegro Dejan Bodiroga (FCB)Arxentina Andrés Nocioni (BAS)Estados Unidos Lou Roe (ALI) / 20,9
2004–05Real Madrid (29)3–2TAU CerámicaEstados Unidos Louis Bullock (RMA)Arxentina Luis Scola (BAS)Estados Unidos Charlie Bell (BRE) / 27,0
2005–06Unicaja Málaga (1)3–0TAU CerámicaEspaña Jorge Garbajosa (UNI)España Juan Carlos Navarro (FCB)Estados Unidos Lou Roe (CSF) / 19,1
2006–07Real Madrid (30)3–1Winterthur FC BarcelonaEspaña Felipe Reyes (RMA)Arxentina Luis Scola (BAS)España Juan Carlos Navarro (FCB) / 17,3
2007–08TAU Cerámica Baskonia (2)3–0AXA FC BarcelonaEstados Unidos Pete Mickeal (BAS)España Marc Gasol (GIR)España Rudy Fernández (JOV) / 19,9
2008–09Regal FC Barcelona (15)3–1TAU Cerámica BaskoniaEspaña Juan Carlos Navarro (FCB)España Felipe Reyes (RMA)Serbia Igor Rakočević (BAS) / 19,8
2009–10Caja Laboral Baskonia (3)3–0Regal FC BarcelonaBrasil Tiago Splitter (BAS)Brasil Tiago Splitter (BAS)Estados Unidos Jaycee Carroll (GCA) / 19,1
2010–11Regal F.C. Barcelona (16)3–0Bizkaia Bilbao BasketEspaña Juan Carlos Navarro (FCB)España Fernando San Emeterio (BAS)Estados Unidos Jaycee Carroll (GCA) / 19,6
2011–12Regal F.C. Barcelona (17)3–2Real MadridEslovenia Erazem Lorbek (FCB)Estados Unidos Andy Panko (GBC)Estados Unidos Andy Panko (GBC) / 18,9
2012–13Real Madrid (31)3–2FC Barcelona RegalEspaña Felipe Reyes (RMA)España Nikola Mirotić (RMA)Canadá Carl English (EST) / 17,2
2013–14FC Barcelona Regal (18)3–1Real MadridEspaña Juan Carlos Navarro (FCB)Estados Unidos Justin Doellman (VAL)Estados Unidos Andy Panko (FUE) / 17,9
2014–15Real Madrid (32)3–0FC Barcelona LassaEspaña Sergio Llull (RMA)España Felipe Reyes (RMA)Estados Unidos Andy Panko (FUE) / 18,6
2015–16Real Madrid (33)3–1FC Barcelona LassaEspaña Sergio Llull (RMA)Grecia Ioannis Bourousis (BAS)Estados Unidos Darius Adams (BAS) / 17,2
2016–17Valencia Basket (1)3–1Real MadridMontenegro Bojan Dubljević (VAL)España Sergio Llull (RMA)Francia Edwin Jackson (EST) / 21,4
2017–18Real Madrid (34)3–1Kirolbet BaskoniaEspaña Rudy Fernández (RMA)Eslovenia Luka Dončić (RMA)Estados Unidos Gary Neal (ZAR) / 20,6
2018–19Real Madrid (35)3–1Barça LassaEspaña Facundo Campazzo (RMA)Arxentina Nicolás Laprovíttola (JOV)Arxentina Nicolás Laprovíttola (JOV) / 17,2
2019−20Saski Baskonia (4)69-67Barça LassaArxentina Luca Vildoza (BAS)España Nikola Mirotić (FCB)Eslovenia Klemen Prepelič (JOV) / 22,3
2020−21FC Barcelona (19)2–0Real MadridEspaña Nikola Mirotić (FCB)Xeorxia Giorgi Shermadini (CAN)Estados Unidos Melo Trimble (FUE) / 19,5
2021−22Real Madrid (36)3–1BarçaCabo Verde Edy Tavares (RMA)Bosnia e Hercegovina Džanan Musa (BRE)Bosnia e Hercegovina Džanan Musa (BRE) / 20,1
2022−23Barça (20)3–1Real MadridEspaña Nikola Mirotić (FCB)Xeorxia Giorgi Shermadini (CAN)Estados Unidos Jerrick Harding (MAN) / 16,2
2023−24Real Madrid (37)3–0UCAM MurciaBosnia e Hercegovina Džanan Musa (RMA)Arxentina Facundo Campazzo (RMA)Porto Rico Markus Howard (BAS) / 19,4

Palmarés

[editar | editar a fonte]

A ACB está oficialmente considerada como a continuación da desaparecida Liga Nacional, polo que ambas competicións están consideradas na seguinte táboa.[1] En mtoda a historia da competición, só sete equipos diferentes conseguiron proclamarse campións.[2]

Club C SC Temporadas
Real Madrid 37 14 1957, 1958, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1979, 1980, 1982, 1984, 1985, 1986, 1993, 1994, 2000, 2005, 2007, 2013, 2015, 2016, 2018, 2019, 2022, 2024
Barcelona 20 23 1959, 1981, 1983, 1987, 1988, 1989, 1990, 1995, 1996, 1997, 1999, 2001, 2003, 2004, 2009, 2011, 2012, 2014, 2021, 2023
Joventut 4 10 1967, 1978, 1991, 1992
Baskonia 4 5 2002, 2008, 2010, 2020
Málaga 1 2 2006
Valencia 1 1 2017
Manresa 1 0 1998
Picadero 0 4
Estudiantes 0 4
Sevilla 0 2
Orillo Verde 0 1
Bilbao 0 1
UCAM Murcia 0 1

Líderes estatísticos

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Líderes estatísticos da ACB.

A nacionalidade do xogador está referida á selección nacional á que está afiliado. En letra grosa xogadores en activo. En dourado xogadores con máis de 6 000 puntos, considerados pola ACB "históricos".[3] Os datos corresponden até o comezo da temporada 2022−23.[4]

Posto Xogador Partidos Puntos Media
1España Alberto Herreros6549.75914,92
2España Jordi Villacampa5068.99117,77
3Estados Unidos Brian Jackson3928.65122,07
4España Felipe Reyes8248.33210,34
5España Juan Carlos Navarro6898.31812,07
6Estados Unidos Granger Hall4338.03918,57
7España Joan Creus5857.92913,55
8Estados Unidos Joe Arlauckas3657.54320,67
9España Álex Mumbrú6777.43510,98
10Croacia Velimir Perasović3547.38720,87
11España Epi4227.02916,66
12España Darryl Middleton3986.42516,14
13Estados Unidos Andre Turner3786.40516,94
14España Rafael Jofresa7566.3278,37
15Estados Unidos Richard Scott3506.19917,71
16Estados Unidos John Pinone3326.17518,60
17España Bernard Hopkins4566.08813,35
18Estados Unidos Claude Riley3086.07419,72
19España Xavi Fernández4996.04212,11
20España Chicho Sibilio3486.01017,27

A nacionalidade do xogador está referida á selección nacional á que está afiliado. En letra grosa xogadores en activo. En dourado xogadores con máis de 2.500 rebotes, considerados pola ACB "históricos".[5] Os datos corresponden até o comezo da temporada 2022−23.[4]

BERJAYA
Felipe Reyes
Posto Xogador Partidos Rebotes Media
1España Felipe Reyes8244.7255,70
2Estados Unidos Granger Hall4334.2929,91
3España Carlos Jiménez6413.5265,50
4Estados Unidos Claude Riley3083.0339,85
5Croacia Ante Tomić4972.9826,00
6España Juan Antonio Orenga6162.9334,77
7Lituania Arvydas Sabonis2352.90412,36
8Galicia Fran Vázquez6562.8424,33
9España Bernard Hopkins4562.8066,15
10España Mike Smith4052.7556,80
11Estados Unidos Larry Micheaux2692.72910,14
12España Darryl Middleton3982.7016,79
13Estados Unidos Joe Arlauckas3652.6267,19
14España Alex Mumbrú6772.4993,68
15Estados Unidos Harper Williams3462.4937,21
16República Centroafricana Anicet Lavodrama3452.4297,04
17España Alfonso Reyes4612.4175,24
18Bélxica Axel Hervelle4732.3554,98
19España Ramón Rivas3072.2907,46
20España Ferrán Martínez4172.2875,48

Asistencias

[editar | editar a fonte]

A nacionalidade do xogador está referida á selección nacional á que está afiliado. En letra grosa xogadores en activo. En dourado xogadores con máis de 1 500 asistencias, considerados pola ACB "históricos". Os datos corresponden até o comezo da temporada 2022−23.[4]

BERJAYA
Pablo Laso.
Posto Xogador Partidos Asistencias Media
1España Pablo Laso6232.8964,64
2Brasil Marcelinho Huertas5892.5354,30
3España Nacho Azofra7052.2243,15
4España Albert Oliver6752.0743,07
5España Nacho Rodríguez7372.0322,76
6Estados Unidos Elmer Bennett3611.8385,09
7España José Luis Llorente4741.7683,73
8España Sergio Llull5501.7513,18
9Estados Unidos Andre Turner3781.7484,62
10Arxentina Pablo Prigioni4611.7213,73
11Montenegro Omar Cook3191.7045,34
12España Salva Díez5191.6913,26
13España Javi Salgado4621.6723,62
14España Juan Carlos Navarro6891.6372,38
15España Rafael Jofresa7581.5692,07
16España Sergio Rodríguez3331.4754,43
17España Joan Creus5851.4612,50
18España Rodrigo San Miguel5271.4452,74
19España José Miguel Antúnez6011.4232,37
20España Tomás Bellas4331.4023,23
BERJAYA
Fran Vázquez posúe o récord de tapóns nun partido de ACB con 12.
  • Máis puntos nun partido
  • Máis canastras nun partido
  • Máis triplas nun partido
  • Máis tiros libres nun partido
  • Máis rebotes nun partido
  • Máis asistencias nun partido
  • Máis reoubos nun partido
  • Máis tapóns nun partido
  • Valoración
  • Anotadores prolíficos
  • Partidos de máis de 30 puntos nunha temporada: 24 por Walter Berry en 1990−91
  • Partidos de máis de 30 puntos consecutivos: 13 por Walter Berry en 1990−91 (desde a xornada 4 até a 16)
  • Xogadores con partidos de máis de 20 rebotes
  • Dobres-Dobres
  • Triplos-Dobres
    • Mike Smith con 31 puntos, 10 rebotes e 10 roubos o 21 de outubro de 1989
    • Nacho Suárez con 10 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias o 11 de novembro de 1991
    • Nacho Suárez con 15 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias o 9 de decembro de 1991
    • George Singleton con 23 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns o 12 de febreiro de 1994
    • Dejan Tomašević con 14 puntos, 13 rebotes e 10 asistencias o 12 de maio de 2004
    • Fran Vázquez con 11 puntos, 10 rebotes e 12 tapóns o 7 de xaneiro de 2007
    • Luka Dončić con 17 puntos, 10 rebotes e 10 asistencias o 9 de maio de 2018
  • Máis puntos nun partido
  • Menos puntos nun partido
  • Vitoria por maior diferenza
  • Vitoria con menos puntos
  1. Inclúe os resultados do CB Caja de Ronda
  2. Inclúe os resultados do vello CB Canarias
  1. "El Palmarés de la Liga Endesa". ACB.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018.
  2. "Valencia Basket, séptimo campeón de Liga Endesa". ACB.com. 16 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018.
  3. "Históricos: Anotadores en LACB". acb.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018.
  4. 1 2 3 "¿Qué jugadores pueden convertirse en históricos acb?". ACB. 22 de maio de 2022.
  5. "Históricos: Reboteadores en LACB". acb.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]