Google Earth é un programa informático similar a un sistema de Información xeográfica creado pola empresa Keyhole, Inc., inicialmente baixo o nome de EarthViewer 3D. Permite visualizar imaxes en tres dimensións do planeta, combinando fotos de satélite, mapas e o motor de procura de Google que permite ver imaxes a escala dun lugar específico do planeta. En 2013 converteuse no programa máis popular para visualizar cartografía, con máis de mil millóns de descargas.
O antigo presidente da India, A.P.J. Abdul Kalam pronunciouse en contra da dispoñibilidade de imaxes de satélite dalgúns lugares secretos. En resposta, Google decidiu desenfocar estas imaxes.[1]
O goberno surcoreano protestou alegando que as imaxes do palacio presidencial de Seúl dispoñíbeis en Google Earth serían de total importancia para os inimigos norcoreanos.
En outubro de 2007, The Guardian informou de que as Brigadas dos Mártires de Al-Aqsa estaban usando o software para planificar ataques terroristas contra Israel.[2]
Heidy, unha implicada nos atentados de Bombai do 26 de novembro de 2008, admitiu que utilizou o Google Earth para planificar os ataques.[3]
Varias persoas tomando o sol espidas nas súas casas e xardíns foron capturadas nas fotos e presentaron unha demanda contra Google.[4]
En 2016 unha petición de Change.org recolleu máis de 5000 sinaturas para que Google empregue os topónimos galegos.[5] En 2017 o Parlamento Galego solicitou a Google que respecte os topónimos galegos en Google Earth.[6]A Mesa pola Normalización Lingüística volveu solicitalo en 2022.[7] En 2023 Google continúa a empregar os topónimos castelanizados.