Celobiosa
| Celobiosa | |
|---|---|
| Identificadores | |
| Número CAS | 528-50-7 |
| PubChem | 439178 |
| ChemSpider | 388323 |
| DrugBank | DB02061 |
| KEGG | C00185 |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
| Propiedades | |
| Fórmula molecular | C12H22O11 |
| Masa molar | 342,30 g mol−1 |
| Aspecto | po branco |
| Olor | inodoro |
| Densidade | 1,768 g/mL |
| Punto de fusión | 203,5 °C (descomponse) |
| Solubilidade en auga | 12 g/100mL |
| Solubilidade | moi pouco soluble en alcohol insoluble en éter, cloroformo |
| log P | -5,03 |
| Acidez (pKa) | 12,39 |
| Perigosidade | |
| NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |


A celobiosa (de fórmula C12H22O11) é un disacárido producido pola hidrólise parcial da celulosa, está composto por dous residuos de glicosa unidos por enlace O-glicosídico β(1→4).
Ten a mesma composición química que a maltosa, exceptuando que o residuo glicosídico do enlace está en configuración anomerica β, polo que o nome sistemático da celobiosa é β-D-glucopiranosil (1,4) D-glucopiranosa[1].
Ten propiedades redutoras e formas anoméricas, xa que unha das glicosas ten un carbono anomérico libre. É un azucre redutor.
A diferenza estrutural coa maltosa é bastante marcada. Os residuos glicosídicos na celobiosa están aproximadamente paralelos.
A celobiosa non pode ser hidrolizada polo ser humano, pero si polas bacterias rendendo dúas moléculas de glicosa libres. A celobiosa ten 8 grupos OH libres, un enlace éter e dous hemiacetais, o que fai que poida formar pontes de hidróxeno.
O tratamento da celulosa con anhídrido acético e ácido sulfúrico orixina octoacetato de celobiosa, que non pode formar pontes de hidróxeno e é soluble en solventes orgánicos apolares.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peter M. Collins (2005). Dictionary of carbohydrates (en inglés). CRC Press. p. 234. ISBN 0849338298.
- ↑ Braun, G. "α-Cellobiose Octaacetate" Organic Syntheses, Collected Volume 2, p.124 (1943). Arquivado 05 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chemical Thesaurus - Cellobiose (en inglés)
- (en inglés) Substance D-Cellobiose NCBI database
- (en inglés) COMPOUND: C00185 Cellobiose www.Genome.net

