close
Saltar ao contido

Rodrigo Duterte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodrigo Duterte
BERJAYA
(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1945 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Maasin Editar o valor en Wikidata
BERJAYA 16º Presidente de Filipinas
30 de xuño de 2016 – 30 de xuño de 2022
 Benigno Aquino IIIBongbong Marcos 
Alcalde de Davao
30 de xuño de 2013 – 30 de xuño de 2016
 Sara DuterteSara Duterte 
Alcalde de Davao
30 de xuño de 2001 – 30 de xuño de 2010
 Benjamin de GuzmanSara Duterte 
Membro da Cámara de Representantes de Filipinas
30 de xuño de 1998 – 30 de xuño de 2001 (remate de lexislatura)
 Jesus DurezaPróspero Nograles 


Alcalde de Davao
2 de febreiro de 1988 – 19 de marzo de 1998 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo cebuano Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaPosicións políticas de Rodrigo Duterte e dutertismo Editar o valor en Wikidata
RelixiónDeísmo e cristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de San Beda - Grao en Leis
Universidade Ateneo de Davao
Universidade de Filipinas
Liceo Universitario de Filipinas - grao en Artes
Facultade de Dereito da Universidade de San Beda Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónestadista, xefe de estado, fiscal, alcalde, xurista, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Filipino-Poder Popular Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJosé María Sison Editar o valor en Wikidata
Participou en
protestas contra Ferdinand R. Marcos Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElizabeth Abellana Zimmerman (1973–2000) Editar o valor en Wikidata
ParellaHoneylet Avanceña Editar o valor en Wikidata
FillosPaolo Duterte
 (BERJAYA) Elizabeth Abellana Zimmerman
Sara Duterte
 (BERJAYA) Elizabeth Abellana Zimmerman
Sebastián Duterte
 (BERJAYA) Elizabeth Abellana Zimmerman
Verónica A. Duterte
 (BERJAYA) Honeylet Avanceña Editar o valor en Wikidata
PaisVicente Duterte Editar o valor en Wikidata  e Soledad Duterte Editar o valor en Wikidata
IrmánsBenjamin Duterte Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
11 de marzo de 2025Prisão de Rodrigo Duterte (pt) Traducir
30 de xuño de 2016toma de posesión de Rodrigo Duterte
9 de maio de 2016Transición presidencial de Rodrigo Duterte
9 de maio de 2016eleccións presidenciais de Filipinas en 2016
Denuncias de complot de destitución contra Rodrigo Duterte Editar o valor en Wikidata
Sinatura BERJAYA Editar o valor en Wikidata

Sitio webpresident.gov.ph Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5937196 Facebook: rodyduterte Twitter: rrd_davao WikiTree: Duterte-1 Editar o valor en Wikidata

Rodrigo Roa Duterte,[1] nado en Maasin, Leyte, o 28 de marzo de 1945, é un político e avogado filipino de orixe mindanaense, actual presidente de Filipinas dende o 30 de xuño de 2016 ó resultar vencedor nas eleccións presidenciais de 2016.[2][3][4][5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rodrigo Duterte naceu o 28 de marzo de 1945, durante a ocupación estadounidense de Filipinas, en Maasin, hoxe capital de Leyte do Sur, entón parte da provincia insular de Leyte na Mancomunidade Filipina. Froito do matrimonio formado por Vicente G. Duterte (1911-1968), avogado cebuano e Soledad Roa (1916-2012), unha mestra de Cabadbaran, cidade filipina, situada na parte nordeste da illa de Mindanao, de ascendentes maranaos.

O seu avó materno era orixinario de Xiamen na provincia chinesa de Fujian.[6]

O seu pai foi alcalde de Danao (Cebú). En 1949 trasládase á provincia de Davao da que foi gobernador (1959-1965).[7] O cebuano é o idioma principal da cidade de Davao na illa filipina de Mindanao.

A familia Duterte está emparentada coas familias políticas cebuanas dos Durano e as Alamendras. O seu tío Ramón Duterte foi alcalde da cidade de Cebú (1957-1959), cargo que ocupou tamén o seu primo Ronaldo (1983-1986).[8] A súa nai forma parte do clan Roa orixinarios da illa de Leyte.

A familia Duterte viviu brevemente en Maasin (Leyte), trasladándose á cidade natal do seu pai, Danao (Cebú), onde Rodrigo viviu até os catro anos de idade, cando se trasladan a Mindanao en 1948, pero non foi até 1949 que ía e viña das Visayas.[9] Finalmente en 1950 a familia Duterte asentouse na Rexión de Davao. Mentres que o seu pai Vicente exercía como avogado, a súa nai, Soledad impartía docencia como mestra na escola pública. En 1952 o seu pai inicia a súa carreira política.

En outubro de 2021, Rodrigo Duterte anunciou que non se presentaba á vicepresidencia en 2022 e que se retiraría da vida política.