MS-DOS (Microsoft Disk Operating System, Sistema operativo de disco Microsoft), foi o primeiro sistema operativo para o IBM PC. Foi lanzado co IBM PC en 1981 e tivo oito versións principais antes de que Microsoft detivese o seu desenvolvemento en 2000. Foi o produto clave na conversión de Microsoft dende unha compañía de linguaxe de programación ata unha firma de desenvolvemento de software.
Creado por Tim Paterson, da compañía Seattle Computer Products como QDOS en 1980 e comercializado como 86-DOS para correr nun microprocesadorIntel 8086, Microsoft mercou o sistema pouco antes do lanzamento do IBM PC o 12 de agosto de 1981, ao ser incapaz de crear un sistema operativo no prazo que IBM lle encargara. O IBM PC saíu coa súa propia versión de MS-DOS coñecida como IBM PC DOS, mentres Microsof mantivo o nome de MS-DOS para os seus propios desenvolvementos.
PC DOS 1.0 - agosto de 1981 - Versión inicial, IBM PC
PC DOS 1.1 - maio de 1982, daba soporte a disquetes de dúas caras.
MS-DOS 1.25 - maio de 1982 - Primeira versión que se empregou en hardware non IBM
MS-DOS 2.0 - marzo de 1983 - Introducido para xestionar o IBM XT, incorporaba soporte para disco ríxido, e incluía elementos collidos de Unix como os subdirectorios.
PC DOS 2.1 - outubro de 1983
MS-DOS 2.11 - marzo de 1984
MS-DOS 3.0 - agosto de 1984 - deseñado para soportar o IBM AT coa posibilidade de discos ríxidos máis grandes e disquetes de 1.2MB
MS-DOS 3.1 - novembro de 1984
MS-DOS 3.2 - xaneiro de 1986 - admitía unidades de disquetes de 3'5 polgadas.
PC DOS 3.3 - abril de 1987
MS-DOS 3.3 - agosto de 1987 - con capacidade para crear múltiples particións no disco ríxido.
MS-DOS 4.0 - xullo de 1988 - xestionaba discos ríxidos con particións de máis de 32 MB e ata 512 MB. Nova interface gráfica e permitía o emprego da memoria expandida
MS-DOS 4.01 - novembro de 1988 -
MS-DOS 5.0 - xuño de 1991 - En resposta ao DR-DOS proporciona controladores para xestionar novas ampliacións de memoria, incorpora editor, liguaxe de programación QBasic
MS-DOS 6.0 - marzo de 1993 - En resposta ao DR-DOS 6.0, incluía unha ferramenta de compresión de disco e MemMaker, administrador de memoria ampliada. Versión con moitos fallos polo que foi substituída por:
MS-DOS 6.2 - novembro de 1993
MS-DOS 6.21 - febreiro de 1994
PC DOS 6.3 - abril de 1994
MS-DOS 6.22 - xuño de 1994
PC DOS 7.0 - abril de 1995
MS-DOS 7.0 - agosto de 1995 - Incluída en Windows 95.
MS-DOS 7.1 - agosto de 1996
MS-DOS 8.0 - setembro de 2000 - Incluída en Windows ME.
PC DOS 2000 - Derradeira versión da familia de MS-DOS