close
Saltar ao contido

Eurozona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Eurozona
Imaxe da bandeira
Esquematismo
 Instancia de
 Composto por
BERJAYA Bélxica (1 de xaneiro de 1999 - )
BERJAYA Eslovaquia (1 de xaneiro de 2009 - )
BERJAYA Portugal (1 de xaneiro de 1999 - )
BERJAYA Austria (1 de xaneiro de 1999 - )
BERJAYA Países Baixos (1 de xaneiro de 1999 - )
BERJAYA Eslovenia (1 de xaneiro de 2007 - )
BERJAYA Chipre (1 de xaneiro de 2008 - )
BERJAYA España (1 de xaneiro de 1999 - )
BERJAYA Letonia (1 de xaneiro de 2014 - )
BERJAYA Croacia (1 de xaneiro de 2023 - )
BERJAYA Malta (1 de xaneiro de 2008 - )
BERJAYA Lituania (1 de xaneiro de 2015 - )
BERJAYA Finlandia (1 de xaneiro de 1999 - )
BERJAYA Estonia (1 de xaneiro de 2011 - )
BERJAYA Alemaña (1 de xaneiro de 1999 - )
BERJAYA Luxemburgo (1 de xaneiro de 1999 - )
BERJAYA Francia (1 de xaneiro de 1999 - )
BERJAYA Irlanda (1 de xaneiro de 1999 - )
BERJAYA Grecia (1 de xaneiro de 2001 - )
BERJAYA Italia (1 de xaneiro de 1999 - )
BERJAYA Bulgaria (1 de xaneiro de 2026 - ) Editar o valor en Wikidata
Características
 Economía
 Moeda
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Poboación
 341465149 2017 Editar o valor en Wikidata
PIB Nominal14040893546587 $ (2022) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
OpenStreetMap12729625 Editar o valor en Wikidata
VIAF295152138683110982481 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122371847 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0195tf Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons
BERJAYA
     Países da Eurozona      Países da ERM II      outros membros da UE      países fóra da UE que adoptaron ó euro unilateralmente

A eurozona ou zona euro é unha rexión europea que agrupa os países da Unión Europea que teñen como moeda oficial o euro (€). O Banco Central Europeo é o responsábel da política monetaria na zona euro, e o eurogrupo é o órgano político que reúne os representantes dos países que utilizan esta moeda.

Os 21 países membros da zona euro son, en 2026, Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A eurozona foi creada en 1999 por 11 países da Unión Europea, mais os billetes e moedas non comezaron a circular até o 1 de xaneiro de 2002. Posteriormente incorporáronse Grecia o 1 de xaneiro de 2001[2] (entrando en circulación xunto cos anteriores), Eslovenia o 1 de xaneiro de 2007,[3] Malta[4] e Chipre[5] o 1 de xaneiro de 2008, Eslovaquia o 1 de xaneiro do 2009,[6] Estonia o 1 de xaneiro de 2011[7], Letonia o 1 de xaneiro de 2014[8] e Lituania o 1 de xaneiro de 2015.[9] Respecto dos territorios dos Estados da Unión que non pertencen á propia UE, utilizan o euro as colectividades de ultramar francesas de Saint-Pierre-et-Miquelon, San Bartolomeu, as Terras Antárticas e Austrais Francesas e a illa de Clipperton, así como as bases soberanas británicas de Acrotiri e Dekhelia situadas na illa de Chipre.

Ademais destes 21 países existen outros fóra da Unión Europea que tamén teñen o euro como moeda única. Entre eles están Mónaco, San Marino, Cidade do Vaticano (que emiten os seus propios euros grazas a que teñen acordos legais coa Unión Europea), Andorra (ten acordos legais coa Unión Europea pero non emite euros propios). Kosovo e Montenegro utilízana sen acordos legais coa Unión Europea.

Os países da Unión Europea que non están na eurozona pero teñen a obriga de adoptalo son Suecia, Hungría, Polonia, República Checa e Romanía. Outros como Dinamarca gozan dunha cláusula de exclusión que lles permite continuaren a utilizar as súas moedas nacionais indefinidamente.

  1. Comisión Europea (3 de outubro de 2022). "zona euro". ec.europa.eu. Consultado o 3 de outubro de 2022.
  2. Comisión Europea (1 de xaneiro 2002). "incorporación de Grecia a eurozona". Consultado o 10 de outubro de 2022.
  3. Comisión Europea (1 de xaneiro de 2007). "incorporación de Eslovenia a eurozona". Consultado o 2022.
  4. Comisión Europea (1 de xaneiro de 2008). "incorporación de Malta a eurozona". Consultado o 10 de outubro de 2022.
  5. Comisión Europea (1 de xaneiro de 2008). "incorporación de Chipre a eurozona". Consultado o 10 de outubro de 2022.
  6. "Slovakia and the euro". economy-finance.ec.europa.eu (en inglés). Consultado o 2023-01-13.
  7. Unión Europea (1 de xaneiro de 2011). "Incorporación de Estonia a eurozona". Consultado o 10 octubro de 2022.
  8. Union Eupopea (1 de xaneiro 2015). "Incorporación de Letonia a eurozona". Consultado o 10 de xaneiro 2022.
  9. Union Europea, ed. (1 de xaneiro de 2015). "Incorporación de Lituania a eurozona". Consultado o 10 de ouctubro de 2022.