close
Saltar ao contido

Carmona, Sevilla

Modelo:Xeografía políticaCarmona, Sevilla
BERJAYA
BERJAYA
Imaxe

Localización
Mapa
 37°28′16″N 5°38′32″O / 37.471111111111, -5.6422222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalCarmona Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación30.240 (2025) Editar o valor en Wikidata (32,72 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie924,12 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude235 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataJuan Manuel Ávila Gutiérrez Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41410 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE41024 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Identificador6704

Sitio webcarmona.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451221

Carmona é un concello andaluz da provincia de Sevilla. Pertence á Campiña de Carmona. No ano 2008 tiña 27.950 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A súa extensión é de 924 km² e ten unha densidade de 30,24 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 235 msnm e a 30 km da capital de provincia, Sevilla. Carmona localízase en Los Alcores, unha gran parte elevada por un cerro do resto da paisaxe coñecida como La Vega. Por ela pasa a A-462 que une esta localidade con Brenes. Así como a A-398 para chegar a El Viso del Alcor.

O relevo do termo municipal non presenta excesivos contrastes morfolóxicos, aínda que se poden distinguir tres paisaxes distintas: Los Alcores, La Vega e Las Terrazas.

A zona dos Alcores presenta un relevo relativamente elevado, superior aos 200 m de altitude, condicionado por unha litoloxía resistente de areas calcáreas que definen unha suave costa de dirección nordeste-suroeste, desde Carmona a Alcalá de Guadaira, ocultándose cara o oeste baixo os socalcos escalonados da marxe esquerda do río Guadalquivir. Os Alcores están delimitados polo norte polos depósitos aluviais do Guadalquivir que forman os socalcos, ao leste pola chaira aluvial do río Corbones, ao sur pola Veiga de Carmona e ao oeste polo río Guadaira. A Veiga de Carmona é unha chaira limitada ao nordeste polo río Corbones e ao suroeste polo río Guadaira. O río Guadalquivir discorre polo nordeste do territorio, facendo de límite con Alcolea del Río e dando lugar a unha ampla chaira aluvial, con maior desenvolvemento na súa marxe esquerda. Por enriba desta cota, e até o bordo occidental dos Alcores, esténdese a zona das Terrazas, que confiren un aspecto bastante plano, xa que os niveis entre elas non son moi pronunciados.

A elevación máis alta corresponde co alcázar del Rey Don Pedro, a 257 m sobre o nivel do mar. O punto máis baixo está a 25 m sobre o nivel do mar, na beira do río Guadalquivir. A cidade álzase a 248 m sobre o nivel do mar.

Carmona ten un clima mediterráneo típico (tipo Csa).

No outono as temperaturas medias oscilan entre unha mínima de 11 °C en outubro e xiadas máis frecuentes cara finais de novembro e decembro, con precipitacións abondosas. As máximas sitúanse entre os 24 °C de outubro e os apenas 10 °C de novembro e decembro, seguíndolle un inverno con temperaturas frías e frecuentes xiadas debido á súa altitude, con valores que en ocasións chegan a atinxir os -5 °C ou -6 °C de mínima. A temperatura mínima absoluta rexistrada pola estación agroclimática da Xunta de Andalucía no período 2000-2009 é de -9,4 °C, o 28 de xaneiro de 2005.

A cidade estivo fortificada porque desde a súa posición podíanse vixiar Los Alcores, La Vega e Las Terrazas.

Ao principio chamábase Carmo. Estivo poboada desde hai máis de 5000 anos. Posiblemente foi unha das cidades máis fortificadas do reino de Tartessos. Posteriormente asentáronse os fenicios, que se dedicaron a traballar metais preciosos. O lugar, ao igual que o resto da rexión, foi invadido por Cartago. A Porta de Sevilla conserva partes que son da etapa cartaxinesa.

A cidade participou, co romano Xulio César, na sublevación da Hispania Ulterior. Sobre esta cidade dixo: "Carmona é, co moito, a cidade máis forte de toda a provincia Bética" (Carmo, quae est longe firmissima totius provinciae civitas). Como xesto de agradecemento polo seu apoio, Xulio César legoulle á cidade o status de municipio e o dereito de bater moeda.

Na actual praza de San Fernando houbo un foro romano con columnas corintias e os seus respectivos capiteis corintios. A este foro podíase chegar pola antigha Vía Augusta. Un dos restos romanos máis destacables é a necrópole de Carmona, de arredor do século I.

Trala invasión musulmá do século VIII pasou a ser a capital dun dos reinos de Taifas. Foi reconquistada en 1247 por Fernando III o Santo, que a repoboou e dotou de foro propio. O monarca castelán Pedro I convertiuna nunha das súas residencias favoritas e realizou obras de mellora no alcázar. En 1630 Filipe IV outorgoulle o título de cidade. O alcázar del Rey Don Pedro (tamén coñecido como Alcázar de Arriba) foi convertido en Parador Nacional en 1976. A finais do século XX creouse o Servizo Municipal de Arqueoloxía, para realizar escavacións, actuacións de conservación e estudos. En 1997 organizou, xunto coa Universidade de Sevilla, o I Congreso de Historia de Carmona. Realizáronse edicións posteriores deste congreso cada varios anos. Este servizo tamén está vinculado ao museo e centro de interpretación da cidade, que se sitúa no pazo do marqués das Torres.

No inicio da guerra civil española, unha compañía de regulares tentou tomar Carmona, mais non o conseguiron e o Comité de Defensa, formado tras coñecerse o triunfo do golpe de estado de xullo de 1936 en Sevilla, tomou represalias (16 dereitistas foron detidos e un asasinado cando tentaba escapar). Cando a localidade foi finalmente ocupada polas forzas rebeldes, cumpiuse a ameaza que lanzara o xeneral Queipo de Llano: só no primeiro día foron asasinados doce veciños, incluído o tenente da Garda Civil, Rafael Martín Cerezo, que se sumara ao Comité de Defensa. Nos catro meses seguintes foron executados sen xuízo 201 home e 16 mulleres en «aplicación do bando de guerra»

A cidade de Carmona é paradigmática para a arqueoloxía andaluza po ter sido pioneira na investigación arqueolóxica, hai máis de 130 anos, e por ter seguido mantendo ese impulso investigador até os nosos días. O seu rexistro arqueolóxico é unha mostra moi representativa dos acontecementos históricos acontecidos no suroeste da península ibérica, polo que moitas das actuacións arqueolóxicas realizadas onlevaban un novo xiro no coñecemento da historia.

A oficina de lotaría máis antiga de España atópase en Carmona. A súa licenza data de 1763. En 1928 tocoulle un millón de pesetas na Lotería Nacional a Bernardo Enrique Cerezo, que utilizou este diñeiro para construír un teatro. O teatro Cerezo rematouse en 1934.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]