A arte ASCII é un movemento artístico que emprega ordenadores para a súa presentación e consiste en imaxes debuxadas con caractéres definidos polo código ASCII. Pode crearse con calquera editor de texto. A maioría dos exemplos de arte ASCII requiren unha fonte de anchura fixa, coma as dunha máquina de escribir.