close
Saltar ao contido

Tartessos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tartessos
Imaxe
 Subclase de
Características
 Lingua usada
Localización
 Localización
 País
 Bañado por
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
VIAF244575843 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0j0r1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Durante a primeira metade do primeiro milenio a.C. a Península Ibérica estivo colonizada por fenicios e gregos (especialmente no sueste da península) e grazas e eses contactos, dispomos das primeiras novas sobre a Península, centradas na existencia dun grande estado chamado Tartessos.[1]

Ademais dos descubrimentos arqueolóxicos, temos fontes e máis escritos gregos que revelan que Tartessos foi un reino cuxa influencia estendíase dende Serra Morena ata Xibraltar e dende o océano Atlántico ata Cartaxena. A súa economía estaba baseada nunha agricultura e nunha economía moi avanzadas xa que explotaban os xacementos minerais da rexión (que ben podían ser de prata, ouro, chumbo e cobre) e a través de perigosas expedicións polo Atlántico obtiñan estaño das illas Casitérides (Illas británicas)

Pero máis adiante, o pobo dos Tartessos caeu baixo o dominio cartaxinés, un pouco antes do século III a.C.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tarteso.