Naceu en Santiago pero está ligado a Pontevedra desde os sete anos. Licenciouse en Historia da Arte na Facultade de Xeografía e Historia da USC, na que tamén conseguiu o Diploma de Estudos Avanzados (DEA). Ten unha ampla traxectoria como crítico de arte e literatura, redactor de textos para catálogos de numerosos artistas e colaboracións en diversas publicacións, sobre todo no Diario de Pontevedra no que empezou a traballar no ano 2000 ata ser responsable do departamento de Arquivo e Documentación, ademais de facerse cargo das áreas de crítica artística, cinematográfica ou literaria.[1]
Desde o ano 2018 forma parte da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega.
En 2026 foi leu o pregón das festas da Peregrina en Pontevedra.[2]
Na beira do río: diálogos na pintura: Eduardo Dios, Pancho Rodiño (2013), ), Pontevedra, Pazo da Cultura
Na beira do río: diálogos na pintura: Dolores Gálvez, Belén Padrón (2014), Pontevedra, Pazo da Cultura
Unha mirada, dous tempos: pintores de Pontevedra para un centenario: Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia, Café Moderno (2014), Pontevedra, Concello de Pontevedra – Fundación Novacaixagalicia ISBN 978-84-96982-65-9
Na beira do río: diálogos na pintura: Juan Moreno Badía, Juan Rivas (2015), Pontevedra, Pazo da Cultura
Camaño Xestido: na procura dun mundo propio: unha viaxe do barro ó branco (2015), Cangas de Morrazo, Fundación Casa-Museo de Camaño Xestido
Provincia de Pontevedra (2001) con José Carlos Santos e Vanessa López Díaz, Pontevedra, Lérez Edicións
Arte en Pontevedra III; maio 2003, Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra (2003) con Estrella López e Ignacio Barcia, Pontevedra, Concello de Pontevedra
Dende a miña fiestra; do 3 de setembro ao 12 de outubro de 2009, Casa das Artes, Vigo; Celso Varela (2009) con Tomás Paredes, Vigo, Concellería de Cultura, ISBN 978-84-92425-12-9