Northumberland é un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido. A súa capital é Alnwick,[1] aínda que o County council (a corporación administrativa elixida que goberna o condado) está na vila de Morpeth,[2] que, segundo o censo do ano 2011, tiña unha poboación de 14 018 habitantes.[3]
Segundo o censo de 2015, tiña 315300 habitantes.[7] Abarca unha superficir de 50 13km², polo que, nse ano, a súa densidade de poboación era de 61,28 hab./km².
O límite máis extenso do condado estendíase ao longo do río Humber ao norte, ao igual que o antigo reino de Northumbria do rei Edwin. Na actualidade, porén, o condado abrangue unha superficie máis pequena.
Até a reorganización de 1974 incluía a cidade de Newcastle, que era a capital tradicional do condado, pero que agora pertence ao de Tyne e Wear. A capital actual de Northumberland é, como quedou dito, a vila de Morpeth.
Para algunhas cuestións, sobre todo as relacionadas coa fauna e algunhas organizacións deportivas, non se teñen en conta os límites establecidos en 1974.