close
Saltar ao contido

KDE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
KDE
Logotipo
Imaxe
 Epónimo
 Uso
Características
 Produto ou servizo
 Linguaxe de programación
BERJAYA C++ Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Fundador/a
 Mascota
 Entidades subsidiarias
KDE Women (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
14 de outubro de 1996 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Versións
6.7 (Plasma) versión estábel (16 de xuño de 2026)
6.3 (Plasma) versión estábel (11 de febreiro de 2025)
6.0.3 (Plasma) versión estábel (26 de marzo de 2024)
5.27.9 (Plasma) versión estábel (24 de outubro de 2023)
6.6 (Plasma) versión estábel (17 de febreiro de 2026)
23.08.3 (Gear) versión estábel (9 de novembro de 2023)
6.0.0 (Frameworks) versión estábel (28 de febreiro de 2024)
6.1 (Plasma) versión beta
24.05 (Gear) versión beta
6.1 (Frameworks) versión beta
24.02 Alpha (Gear) versión beta (8 de novembro de 2023) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/047h6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: KDE Twitter: kdecommunity Instagram: kdecommunity Bluesky: kde.org VK: kde_ru LinkedIn: 29561 Youtube: UCF3I1gf7GcbmAb0mR6vxkZQ GitHub: KDE Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

KDE é unha comunidade internacional de programadores, tradutores, deseñadores gráficos, escritores de documentación etc. que colaboran no desenvolvemento e distribución de software libre para computadores de sobremesa e outros dispositivos.

A comunidade

[editar | editar a fonte]

KDE é unha gran comunidade aberta a novos membros que amplía as súas filas continuamente. Calquera persoa coas habilidades necesarias para realizar algún dos traballos da comunidade (desenvolvemento, tradución etc.) pode unirse facilmente.

Infraestrutura

[editar | editar a fonte]

KDE conta cunha forte infraestrutura e recursos na rede, entre os que cabe mencionar os seus foros, roldas de correo, canles IRC etc.

Artigo principal: KDE Software Compilation.

Para os sistemas tipo Unix (coma GNU/Linux) KDE produce unha suite completa de programas para o ambiente de traballo, é dicir, todo canto é necesario a día de hoxe para sacarlle partido a un sistema operativo. Entre os seus compoñentes están Plasma, unha interface de escritorio innovadora que permite personalizar facilmente o escritorio e se adapta a todo tipo de dispositivos. Ademais, inclúe programas para configurar o contorno de escritorio, iniciar outros programas, xestionar o hardware etc. O lote completo só está dispoñible para os sistemas tipo Unix, pero algúns programas están tamén dispoñibles para outros sistemas operativos.

Ademais do escritorio, KDE produce numerosos programas clave adicionais coma Konqueror (navegador web), Dolphin (xestor de ficheiros) ou Kontact (xestión da información persoal). Pero por suposto, o software desenvolvido por KDE inclúe outros tantos programas para todos os ámbitos da informática, entre eles programas para a comunicación, o traballo de oficina, a educación, a ciencia, o desenvolvemento e mailo entretemento.

Asemade, KDE produce unha plataforma ideal para o desenvolvemento de software, fornecendo unha serie de bibliotecas aos desenvolvedores que permiten aumentar facilmente as funcionalidades dos programas desenvolvidos, ao tempo que reduce a carga de traballo do programador.

[editar | editar a fonte]

En temas legais e económicos, a comunidade apóiase na asociación KDE e.V. a nivel internacional, ou na KDE España en dito país. KDE Software Compilation