John Ross
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (chr) Kooweskoowe 3 de outubro de 1790 Turkeytown |
| Morte | 1 de agosto de 1866 Distrito de Columbia |
| Lugar de sepultura | cemiterio Ross |
| Xefe tribal | |
| | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo cherokee |
| Actividade | |
| Ocupación | político, xefe tribal |
| Familia | |
| Cónxuxe | Quatie Ross |
| Fillos | William Allen Ross |
| Parentes | Mary G. Ross, bisneta William Potter Ross, fillo da irmá Mary Jane (Ross) Ross, sobriña Flora McDonald Coodey, filla da irmá |
| Cronoloxía | |
| 12 de abril de 1861-9 de abril de 1865 | guerra civil estadounidense |
| 25 de maio de 1838-1839 | retirada dos cherokees |
| Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Appletons' Cyclopædia of American Biography |
John Ross, nado en Turkeytown (Nación Cherokee, na actualidade en Alabama) o 3 de outubro de 1790 e finado en Washington, D.C. o 1 de agosto de 1866, tamén coñecido polo seu nome cherokee, Kooweskoowe ("A garza"), foi un xefe cherokee.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Loitou na guerra de 1812 cos colonos e participou na batalla de Horseshoe Bend contra os Creeks. Formou parte do Consello Nacional Cherokee desde 1817 e foi un dos inspiradores da Constitución Cherokee de 1827.
Intentou opoñerse á expulsión da súa tribo da zona por medios legais pero non o conseguiu.[1][2] O presidente Andrew Jackson obrigouno a abandonar Oklahoma en 1838. Foi un dos organizadores da Nación Cherokee en Oklahoma, onde continuou como presidente, pero non puido evitar as loitas internas.
Durante a Guerra Civil apoiou aos Estados Confederados xunto aos Creeks, pero en 1862 foron derrotados e invadidos polas tropas federais. Ross rendeuse e foi feito prisioneiro, aínda que foi liberado pouco despois. Permaneceu como presidente Cherokee ata a súa morte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Cherokee Leader Who Tried to Prevent the Trail of Tears". HISTORY (en inglés). 2023-11-09. Consultado o 2024-08-24.
- ↑ @NatGeoES (2022-10-06). "En 1835, prometeuse aos 'cherokees' un escano no Congreso; aínda continúan a agardar.". National Geographic (en castelán). Consultado o 2024-08-24.
