O folclore nórdico refírese ao folclore de Dinamarca, Noruega, Suecia, Islandia e as Illas Feroe. Ademais, comparte raíces co folclore inglés, alemán, neerlandés, dos países bálticos, finlandés e saami. O folclore é un concepto que engloba ás tradicións culturais dun pobo ou cultura. Debido a que na península escandinava conviven grupos heteroxéneos, o material cultural (transmitido de forma oral) tamén é deste modo. De todos os xeitos, hai algunhas semellanzas entre as tradicións folclóricas, con elementos da mitoloxía nórdica e a concepción cristiá do mundo.
Tróndur, quen era un poderoso capitán viquingo que vivía nas Illas Feroe durante o século IX. De acordo coa lenda, Tróndur foi asasinado por un misioneiro chamado Sigmundur Brestisson, quen viaxou ás Illas para dar a coñecer a fe cristiá.
Na illa de Eysturoy, habitan Risin e Kellingin, unha parella de xigantes, moi grandes, fortes, e xeralmente descritos como enfadados e destrutivos.[1][2]
Tamén no sur de Islandia, hai unha praia de area negra coñecida polas súas grandes columnas de basalto e pilas de mar. A praia, evidentemente, tamén é fogar de varias lendas, incluíndo que un par de troles convertéronse en pedra polo sol.[4]
Grindadráp: práctica baleeira tradicional con raíces culturais e mitolóxicas nas Illas Feroe que formou parte da vida da poboación insular por séculos. Está asociada con costumes, crenzas, rituais e coa importancia da cooperación humana. De todos os modos, o Grindadráp é unha práctica controvertida na actualidade, debido ao impacto ambiental que provoca na vida mariña.[5]
As Íslendingasögur (ou Sagas Islandesas) foron unha serie de narrativas en prosa que narraban os eventos ocorridos en Islandia perante os séculos IX, X, e principios do XI.[6] Aínda que xeralmente estiveron baseados en eventos históricos, tamén conteñen elementos de ficción. Considerado un dos mellores exemplos da literatura medieval[7], as sagas contan as historias dos primeiros colonos islandeses, das súas familias, e dos seus descendentes.[8] As sagas escribíronse orixinalmente nos séculos XIII e XIV, pero crese que se transmitiron oralmente durante moitos anos antes diso.[9]
Os alfabetos rúnicos foron empregados por diferentes pobos xermánicos, así como nórdicos.[10] No folclore nórdico, dotan dunha grande importancia cultural e mística, tamén na actualidade.[11] Comunmente asociados co deus Odín, quen obtivo o coñecemento das runas tras un sacrificio propio, de acordo co mito.[10] Mesmo que non é usado na actualidade, converteuse nun elemento recoñecible na arte, xoiería, tatuaxes...[12]
O Þorrablót é unha festa anual na metade do inverno que celebra a cociña tradicional islandesa. A data está nomeada polo mes Þorri. O festival inclúe manxares como tiburón fermentado, peixe seco... A festa tamén cona con música, danza e outras actividades culturais.[13]
As influencias cristiás e nórdicas son notables nas igrexas de estacas (ou de madeira) desta cultura. As estruturas de madeira serven como artefactos tanxibles que unen ás comunidades contemporáneas con narrativas históricas. Máis aló das reliquias históricas, as igrexas de madeira funcionan como centros de conversación cultural, sendo fogar de cerimonias e eventos.[14][15]
↑Bredsdorff, Thomas (2001). Chaos & love: the philosophy of the Icelandic family sagas. Museum Tusculanum Press, University of Copenhagen. ISBN87-7289-570-5. OCLC47704862.
↑Bredsdorff, Thomas (2001). Chaos & love: the philosophy of the Icelandic family sagas. Museum Tusculanum Press, University of Copenhagen. ISBN87-7289-570-5. OCLC47704862.