325.327 (1971) valor descoñecido 448.823 (1982) valor descoñecido 772.184 (1994) censo 946.815 (2004) valor descoñecido 1.072.468 (2012) censo 1.112.072 (2014) valor descoñecido 1.167.842 (2024) censo
Fez[1][2] (فـاس [Fās], en árabe, Fès en francés) é a terceira cidade de Marrocos, despois de Casablanca e Rabat. Segundo o censo de 2014 a cidade conta cunha poboación de 1112072 habitantes.
Xunto a Marrakech, Mequinez e Rabat conforma parte das cidades imperiais. É considerada como o centro relixioso e cultural de Marrocos. A súa universidade, famosa polo estudo do árabe e da relixión, convértena nun punto de paso para gran número de estudantes marroquís.
A cidade está dividida en tres zonas, Fez el-Bali, a zona antiga, dentro das murallas, Fès el-Jdid, a zona nova, onde está a Mellah, o barrio xudeu, e a Ville Nouvelle (Vila Nova), a zona francesa no noroeste da cidade. A medina de Fez el-Bali, a maior das dúas da cidade, é a maior zona peonil do mundo, e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1981.
Monumentos, edificios representativos e lugares de interese
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua(PDF). ISBN84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015.
↑Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN978-84-8289-328-0.