Dead Rising(デッドライジング,Deddo Raijingu?) é un videoxogo de acción e supervivencia en mundo aberto que foi lanzado no 2006.[1] Foi desenvolvido e distribuído por Capcom, e producido por Keiji Inafune. Foi lanzado o 8 de agosto de 2006 exclusivamente para a consola Xbox 360.[2][3]
A historia de Dead Rising céntrase na personaxe de Frank West, un fotoxornalista que queda atrapado no centro comercial da vila ficticia de Willamette, Colorado, infestado de zombis. Frank debe defenderse a si mesmo dos ataques dos zombis, recatar outros superviventes, facer fronte a psicópatas, e seguir vivo mentres trata de descubrir a verdade oculta do incidente. O xogador controla a Frank na súa exploración do centro comercial, empregando calquera obxecto como unha arma. O xogador pode completar as misións principais e misións opcionais para obter Puntos de Prestixio ("Prestige Points") e gañar habilidades especiais.