Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corea
Xentilicio
Koreaan (nl)
Cóiréach (ga)
Koreańczyk (pl)
Koreanka (pl)
Koreańczycy (pl)
Koreanerinnen (de)
Koreaner (de)
Koreanerin (de)
Korean (en)
Coreani (it)
Koreanki (pl)
Composto por
Epónimo
Estudado por
Alimentos asociados
Historia
Substitúe
Substituído por
Xeografía
Situado na entidade xeográfica
Continente
OpenStreetMap
Coordenadas
Superficie
219.155 km²
Wikidata G:Commons C:Commons
Corea (/koˈɾe.a/ ; en coreano : 한국 [ˈha̠(ː)nɡuk̚] , romanizado : Hanguk , lit. "Pobo dos Han",[ 1] en Corea do Sur ; 조선 [t͡ɕo̞sʰʌ̹n] , romanizado : Joseon , lit. "[terra da] Mañá Prístina", en Corea do Norte ) é unha rexión peninsular , así coma unha entidade xeográfica e cultural, dividida segundo o paralelo 38o N , agora coñecido coma a zona desmilitarizada de Corea , dende 1945 . Dous estados declararon a súa independencia en 1948 , ambos reclamando soberanía sobre toda Corea; Corea do Sur (República de Corea) , que abrangue a metade meridional, e Corea do Norte (República Popular e Democrática de Corea) , que comprende a súa metade norte. A rexión consiste da península coreana , da illa Jeju , e de multitude doutras illas e illotes menores próximos á península . Esta última, linda coa China ao norte e con Rusia ao nordés, a través dos ríos Yalu e Tumen. Está separada do Xapón ao sueste, polo estreito de Corea .
A cadea montañosa de Taebaeksan corre ao longo da costa oriental, onde as grandes ondas do mar do Xapón esculpiron enormes cantís e illotes rochosos. As ladeiras do sur e do oeste presentan un relevo suave, que forma chairas e unha multitude de pequenas illas con pequenas calas. O cume máis alto é a montaña Baekdusan, en Corea do Norte, que se eleva 2744 msnm , na fronteira setentrional que linda coa China.