close
Saltar ao contido

Aeros 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AEROS 2
BERJAYA
Representación artística dun satélite Aeros en órbita.
TipoCientífico
OrganizaciónBundesministerium für Bildung und Wissenschaft, NASA[1]
Data de lanzamento16 de xullo de 1974[2][3][4]
Foguete portadorScout D1[1][3]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3]
Duración da misión14 meses[2]
Obxectivo da misiónEstudo das capas altas da atmosfera da rexión F da ionosfera.[3]
Decaemento25 de setembro de 1975[2]
NSSDC ID1974-055A
Masa125,7 kg[1][3]

Aeros 2, tamén coñecido como Aeros B[3], foi un satélite artificial alemán adicado ó estudo da atmosfera superior e o espazo exterior.[1][3] Foi lanzado o 16 de xullo de 1974 mediante un foguete Scout D1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea a unha órbita polar cunha inclinación orbital de 97,4 graos e un perixeo e apoxeo iniciais de 220 e 853 km, respectivamente.[3][4] O satélite reentrou e destruíuse na atmosfera o 25 de setembro de 1975.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

O satélite tiña forma de cilindro de 0,914 metros de diámetro e 0,71 metros de altura. Estabilizábase mediante xiro a 10 revolucións por minuto, co eixo de rotación orientado cara ao Sol. A bordo levaba cinco experimentos cos que mediu a temperatura e densidade de electróns, ións e partículas neutras, a súa composición e o fluxo de raios solares ultravioleta.[1][3]

  1. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Aeros 1, 2" (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2011.
  2. 1 2 3 4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AEROS 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2011.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 NASA (8 de xullo de 2011). "Aeros-B" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2011.
  4. 1 2 John Scali (23 de outubro de 1974). "Letter dated 16 October 1974 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (74-28547). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de maio de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]