close
Saltar ao contido

!!!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
!!!
Imaxe
 Instancia de
Características
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1996 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1996 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF160969480 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121970151 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02v7jt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: chkchkchk Twitter: chkchkchk Instagram: chkchkchk_og MySpace: chkchkchk Youtube: UCD1Neir0GFtuvfW0C10hVhA Bandcamp: chkchkchkSouncloud: chk-chk-chk Spotify: 1mmehjf7eHA10uHMisZGJg Apple Music: 213181158 Last fm: !!! Songkick: 3684861 Discogs: 207714 Allmusic: mn0000499384 Deezer: 2824 Genius: Chk-chk-chk Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

!!! (pronunciado coma chk chk chk) é unha banda estadounidense de dance-punk formada no outono de 1996 en Sacramento (Estados Unidos) polos antigos membros das bandas locais The Yah Mos, Black Liquorice e Popesmashers.

Despois dunha xira xuntos, membros das bandas de Sacramento Black Liquorice e Popesmashers formaron !!!. O nome da banda foi inspirado polos subtítulos da película The Gods Must Be Crazy, na cal os sons dos chasqueos da boca dos bosquimáns representábanse coma "!". Porén, como a banda di na súa web: "!!! pronunciase repetindo tres veces calquera son monosílabo. Chk Chk Chk é a pronunciación máis común, pero poderían ser chamados Pew Pew Pew, Bam Bam Bam, Uh Uh Uh, crabs crabs crabs etc. A URL da súa páxina e o título do seu MySpace, porén, suxiren que "Chk Chk Chk" é a pronunciación preferida.

Baseados en Sacramento (California); Portland (Oregón); e Nova York, o seu traballo de debut publicouse no ano 2000 cun álbum autititulado lanzado polo selo Gold Standard Laboratories. A este seguiuno no 2003 o sinxelo "Me and Giuliani Down By the School Yard".

Un segundo traballo, Louden Up Now, foi editado a través da Touch and Go en América e da Warp Records en Europa en xuño do 2004. Un ano despois, no mes de xuño do 2005, !!! editou un EP versionando "Take Ecstasy With Me" de The Magnetic Fields, e "Get Up" de Nate Dogg. No mes de decembro, o batería orixinal da banda, Mikel Gius, foi atropelado e matado por un coche mentres paseaba en bicicleta. !!! editou o seu terceiro álbum, Myth Takes no ano 2007.

O vocalista e batería John Pugh deixou a banda en xullo do 2007 para concentarse na súa nova banda Free Blood. Shannon Funchess substituíu a Pugh durante a meirande parte da súa xira dese ano.

John Frusciante de Red Hot Chili Peppers presenciou un concerto da banda nos Ánxeles e convidounos como abreconcertos dos Chili Peppers durante a súa xira do 2006 polo Reino Unido.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
!!!2001Gold Standard Labs
Louden Up Now2004Touch and Go/Warp
Myth Takes2007Warp Records
Strange Weather, Isn't It?2010Warp Records
THR!!!ER2013Warp Records
As If2015Warp Records
Shake the Shudder2017Warp Records
Wallop2019Warp Records
Let It Be Blue2022Warp Records

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Lisgazóns externas

[editar | editar a fonte]