close
Saltar ao contido

San Jose

San Jose
 Nome orixinal
   San José (en) dende 1979  Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
San José (en) dende 1979 
San Jose (en) dende 1974 ata 1979
San José (en) dende 1974 ata 1974
San José de Guadalupe (es) dende 1777 ata 1846 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do emblema
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
 Epónimo
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de San Jose Editar o valor en Wikidata
Matt Mahan (2023 - )
Chuck Reed (pt) Traducir (2006 - 2014)
Sam Liccardo (pt) Traducir (2014 - 2023) Editar o valor en Wikidata
 Fundador/a
 Autoridade executiva
Datas
 Fundación / creación
29 de novembro de 1777 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Premios e distincións
Solar America Cities (en) Traducir (28 de marzo de 2008) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 Localización
 Situado na entidade xeográfica
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.013.240 (2020)
1.000.536 (2014)
1.025.350 (2016)
945.942 (2010) Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   324.340 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
467,553078 km²
466,109267 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   25 m Editar o valor en Wikidata
 Porcentaxe área de auga
   1,9111 % Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal95025 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap112143 Editar o valor en Wikidata
VIAF139544428 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000406388448 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0f04v Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Este artigo é sobre a cidade estadounidense. Para os artigos sobre cidades e vilas tamén chamadas San Jose nas Filipinas, así como outros nomes propios que inclúen San Jose, véxase San Jose (homónimos).
Para todos os topónimos en español San José, grafados con til, véxase San José. Se busca a capital de Costa Rica, vaia a San José de Costa Rica.

San Jose (nome oficial en inglés equivalente ao galego San Xosé, ás veces tamén escrito en español San José), é unha das cidades máis importantes do estado de California, nos Estados Unidos e é a capital do condado de Santa Clara. A cidade sitúase no sur da baía de San Francisco, dentro dos límites do chamado Silicon Valley. Para 2009, a poboación estimábase en 1.006.892 habitantes o que a fai a décima cidade en poboación dos Estados Unidos. San Jose é a maior cidade da área da baía de San Francisco, que ten máis de sete millóns de habitantes en total. Entre as cidades máis importantes da área atópanse tamén San Francisco e Oakland.

Orixinariamente coñecida como El Pueblo de San José de Guadalupe, esta cidade foi fundada o 29 de novembro de 1777 e converteuse na primeira poboación española de California. A cidade serviu como comunidade agrícola para abastecer os asentos militares da rexión. Cando California adquiriu o seu carácter de estado dos Estados Unidos en 1850, San Jose foi a súa primeira capital. Nos anos 1950 e 1960 a cidade comezou a expandirse e nos anos 1970, San Jose converteuse na cidade dormitorio para o Silicon Valley, ao mesmo tempo que empezou a atraer diferentes empresas, consolidando a súa posición como unha das cidades máis importantes do val.

Segundo as estatísticas oficiais do FBI, San José é a cidade de máis de 500.000 habitantes máis segura dos Estados Unidos. Esta cualificación baséase en estatísticas criminais para o ano 2004 en seis categorías: homicidios, roubos, asaltos con violencia, roubos a domicilios e roubos de automóbiles.[1]

O 3 de abril de 1979, o Consello de San Jose adoptou "San José" como escritura do nome no selo da cidade, documentos oficiais, títulos de oficina e nomes de departamento. Por acordo co Concello, a ortografía de "San José" utilízase cando o nome vai con letras minúsculas, mais non cando vai completamente en maiúsculas. Con todo, é aínda máis común ver o nome escrito como "San Jose". Ademais, o nome oficial da cidade segue a ser "City of San Jose", sen til, de acordo coa Constitución da cidade.[2]

San Jose, como a maior parte da área da Baía, ten un clima mediterráneo, temperado pola presenza da baía de San Francisco. A diferenza de San Francisco, que está exposta ao océano ou á baía por tres dos seus costados, co que a súa temperatura varía pouco durante o ano ou durante o día, San Jose xace ao interior, protexida por tres custados por cerros e montañas. Isto protexe á cidade da choiva, e fai o clima máis ben semi-árido, case desértico, con precipitacións anuais de 366 mm, a comparación doutras partes da zona, que poden recibir até catro veces esa cantidade. Isto tamén evita a néboa, omnipresente en San Francisco, case todo o ano.

A pesar diso, as temperaturas tenden a ser moderadas. A media superior de xaneiro é de 15 °C, a media inferior de 6 °C, con ocasionais xeadas nocturnas; a media superior de xullo é de 29 °C e o inferior de 14 °C, con máximas superiores a 38 °C varios días ao ano. A máis alta temperatura rexistrada en San José foi de 42,8 °C e a máis baixa de -8,3 °C. A variación entre o día e a noite pode ser de 17 a 22 °C.

Dadas as lixeiras choivas, San José experimenta máis de 300 días ao ano de brillo solar completo ou significativo. Os meses chuviosos son de outubro a abril ou maio, con pouca ou ningunha precipitación de xuño a setembro. No inverno, os outeiros e campos se verdean con pastos e vexetación nativa, aínda que as árbores perdan as súas follas; coa chegada do período anual de seca a vexetación sécase e morre, dándolle aos outeiros unha cuberta dourada, vista como bela por moitos aínda que é combustible para frecuentes incendios de pastos.

O nivel das neves chega a 610 m, ás veces menos, ocasionalmente nos invernos, cubrindo o próximo monte Hamilton (California), e con menos frecuencia as montañas de Santa Cruz, con neve lixeira que só de cando en vez dura polo día. Isto ás veces demora o tráfico da ruta estatal 17 cara a Santa Cruz. Saraiba ou copos de neves caen ocasionalmente en San José, aínda que no período 1976 a 2006 a máis recente nevada foi en febreiro de 1976. Recentemente en marzo do 2006 1,25 cm de neve reportouse no centro da cidade, apenas a uns 60 msm. Como a maior parte da área da baía, San Jose ten ducias de microclimas, co centro da cidade experimentando a máis lixeira precipitación da cidade, e o sur da cidade, apenas a 16 km, recibindo máis choiva e temperaturas lixeiramente máis fortes.

Educación

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Vista do Silicon Valley. San Jose atópase na parte esquerda

Universidades

[editar | editar a fonte]

San Jose aloxa varias institucións de educación superior. A máis grande e máis coñecida de todas é a Universidade Estatal de San Jose (San Jose State University), o campus orixinal do conxunto que agora compón o sistema da Universidade Estatal de California (California State University). Está localizada no centro da cidade desde 1870 contando con máis de 30.000 estudantes en cursos de pregraduado e mestría. A Universidade Nacional Hispana (National Hispanic University), cunha matrícula de 600 estudantes, ofrece títulos de estudos superiores aos seus estudantes, enfocándose principalmente na poboación hispana. A Universidade de Silicon Valley (Silicon Valley College) ofrece títulos enfocados en traballadores da industria de alta tecnoloxía. A Escola de Leis Lincoln de San Jose (Lincoln Law School of San Jose) ofrece carreiras de leis para persoas empregadas. O campus de San José da Universidade Golden Gate (Golden Gate University) ofrece licenciaturas e mestrías (MBA) en negocios.

Existen tamén os denominados colleges ou community colleges, que nos Estados Unidos son, xeralmente (aínda que hai excepcións) universidades que ofrecen títulos técnicos (associate degrees). Entre estes atópanse o San Jose City College e o Evergreen Valley College. Ademais, habitantes de San José asisten a universidades nos arredores, como a Universidade de Santa Clara (Santa Clara University), De Anza College, en Cupertino; a Universidade Stanford (Stanford University), en Palo Alto; e a Universidade de California en Berkeley.

  1. "City Crime Rankings by Population Group". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2011. Consultado o 16 de marzo de 2010.
  2. "City of San Jose Charter". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2010. Consultado o 16 de marzo de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
BERJAYA
Nova York
BERJAYA
Os Ánxeles
BERJAYA
Chicago
1Nova YorkNova York8.478.07211Fort WorthTexas1.008.106
2Os ÁnxelesCalifornia3.878.70412San JoseCalifornia997.368
3ChicagoIllinois2.721.30813AustinTexas993.588
4HoustonTexas2.390.12514CharlotteCarolina do Norte943.476
5PhoenixArizona1.673.16415ColumbusOhio933.263
6FiladelfiaPensilvania1.573.91616IndianapolisIndiana891.484
7San AntonioTexas1.526.65617San FranciscoCalifornia827.526
8San DiegoCalifornia1.404.45218SeattleWashington780.995
9DallasTexas1.326.08719DenverColorado729.019
10JacksonvilleFlorida1.009.83320Oklahoma CityOklahoma712.919
Datos do censo de 2024.[1]


  1. City and Town Population Totals: 2020–2024, United States Census Bureau