Ten unha extensión de 2.548 km². Abarca o territorio dos antigos condados de Carnavon, Anglesey, Merioneth, o distrito rural de Edeyrnion e algunhas parroquias de Denbigh: Llanrwst, Llanstaffraid Glan Conwy, Eglwysbach, Llanddoged e Tir Ifan.
Puntos de interese turístico destacado son Portmeirion, as covas de lousa de Llechwedd e os castelos de Caernarfon, Penrhyn e Harlech.[1] A casa natal de T. E. Lawrence, que inspirou Lawrence de Arabia, atópase en Gwynedd, e aínda que é propiedade privada recibe continuas visitas. O bar do albergue está decorado con camelos e motivos referentes a el.[2] O bardoHedd Wyn, tamén naceu nunha aldea de Gwynedd. A súa casa natal recibiu un premio británico pola súa conservación. Recibe visitantes e construíuse un centro de exposicións para remarcar o impacto da guerra na comunidade.[3]